slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3

LISTAXE LIBROS CURSO 2020-2021

Boas familias:

A continuación móstrase a listaxe de libros de cada unha das etapas e cursos para o vindeiro curso 2020-2021.

 

Un saúdo!

 

ADMISIÓN DEFINITIVA DE ALUMNADO 20-21

Estimadas familias:

Publícase a listaxe DEFINITIVA de alumnado admitido/excluído para estudar no CEIP Plurilingüe de Conmeniño no curso académico 2020/2021.

Segundo as recomendacións vixentes en materia de protección de datos, pódense consultar: presencialmente no taboleiro de anuncios situado no interior do centro educativo ou telemáticamente (a través da aplicación "admisionalumnado" identificándose previamente, se a solicitude se presentou dese xeito).

O PRAZO PARA A FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA DO NOVO ALUMNADO PARA O CURSO 20-21 SERÁ DENDE:

"1 DE XULLO AO 10 DE XULLO"


ENTREGA DE NOTAS FIN DE CURSO ESCOLAR

Estimadas familias:

Mañá publicaranse as notas desta última avaliación na aplicación Abalar Móbil como o trimestre pasado. Para evitar a sobrecarga da aplicación como sucedeu na anterior avaliación, colgaranse as notas por cursos a horas diferentes, así como, enviaranse igualmente por parte do titor/a aos correos electrónicos de cada unhas das familias, unha copia selada das mesmas, para poder velas, no caso de que non vos deixe acceder á aplicación.

As horas de publicación das mesmas por cursos serán as seguintes:

CURSO HORA
Educación Infantil 9:00 horas
1º e 2º Educación Primaria 10:00 horas
3º Educación Primaria 11:00 horas
4º Educación Primaria 12:00 horas
5º Educación Primaria 13:00 horas
6º Educación Primaria 14:00 horas

Un saúdo!

RECOLLIDA MATERIAL ALUMNADO

Estimadas familias:

A continuación expoñemos os días e horas ás que poderedes vir  recoller e entregar o material do alumnado ao centro educativo (libros de texto, libros emprestados da biblioteca de centro, libros de lectura da biblioteca de inglés, mochilas viaxeiras, ordenadores EDIXGAL...).

Ese día terá que vir ao centro educativo SÓ UN ADULTO. No caso persoal de ter nenos/as pequenos que teñan que quedar sós na casa,  poderá acompañalo/a.

DÍA HORA CURSOS
22 DE XUÑO 9:00-13:00 HORAS

EDUCACIÓN INFANTIL

1º EDUCACIÓN PRIMARIA

2º EDUCACIÓN PRIMARIA

23 DE XUÑO 9:00-13:00 HORAS

3º EDUCACIÓN PRIMARIA

5º EDUCACIÓN PRIMARIA

(PCS EDIXGAL)

26 DE XUÑO 9:00-13:00 HORAS

4º EDUCACIÓN PRIMARIA

6º EDUCACIÓN PRIMARIA

 

Un saúdo!

PUBLICACIÓN ADMITIDOS /EXCLUÍDOS CURSO 20-21

Estimadas familias:

Publícase a listaxe provisional de alumnado admitido/excluído para estudar no CEIP Plurilingüe de Conmeniño no curso académico 2020/2021.

Segundo as recomendacións vixentes en materia de protección de datos, pódense consultar: presencialmente no taboleiro de anuncios situado no interior do centro educativo ou telemáticamente (a través da aplicación "admisionalumnado" identificándose previamente, se a solicitude se presentou dese xeito).

Poderán formularse reclamacións no prazo de 3 días hábiles, contados dende o seguinte ao da publicación desta listaxe. A estimación ou desestimación das reclamacións formuladas entenderase realizada a través da publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas.

Saúdos

 

AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR CONCELLO DE O GROVE

Estimadas familias:

A partir de hoxe día 1 de xuño ata o 30 do mes en curso está aberto o prazo de solicitude para as axudas de libros de texto e material escolar dende o concello de O Grove.

Para as mesmas é preciso cubrir a solicitude e entregar coa mesma os papeis que se expoñen nos PDF a continuación:

 

Saúdos!

CONVOCATORIA DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR PARA ALUMNADO DE PRIMARIA, ESO E EDUCACIÓN ESPECIAL PARA O CURSO 2020-2021

Estimadas familias:

Hoxe 19 de maio, saíu publicada no DOG a ORDE do 12 de maio do 2020, pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar2020-2021.

Adxúntanse a continuación a Orde e instruccións a seguir para a súa presentación.

 

Un saúdo!

LETRAS GALEGAS 2020

Boas a tod@s!!

Este 17 de maio, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, fixo un conto interactivo do autor homenaxeado, Ricardo Carvalho Calero "As Pitas baixo a choiva" coa recopilación dalgunhas das fotos que mandaron os alumnos/as do centro. Foi moi difícil escoller entre todas elas!!!

Moitas grazas pola vosa colaboración e participación!!!

AGARDAMOS QUE VOS GUSTE :)

 

NOVA ADMISIÓN DE ALUMNADO 2020-2021

ATENCIÓN!!!!

A partir do vindeiro luns 11 ata o luns 18 de maio, reábrese o proceso de admisión de alumnado para o vindeiro curso 2020-2021.

Poderán entregarse as solicitudes no centro educativo a partir das 9:00 ata as 13:30 horas, pero atenderase ás familias con CITA PREVIA tal e como se mostra debaixo.

PEDIR CITA PREVIA A TRAVÉS DOS SEGUINTES MEDIOS:

 

  • Correo electrónico: ceip.conmeninho@edu.xunta.gal
  • Ao teléfono: 886.151.430  de luns  a venres ( 9:00-13:30h)

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer