O día 9 de maio conmemoramos o día de Europa. A actividade organizada polo equipo Pluri consistíu na investigación da cultura de diferentes países que conforman a Unión Europea.
Nesta saída o alumnado acudíu ao Porto de Vigo realizando un percorrido pola Ría de Vigo con monitores/as especializados nunha embarcación con todos os avances tecnolóxicos para achegar ao alumnado á riqueza do noso ecosistema mariño único.
Obxectivos didácticos:
Coñecer a xeografía da Ría de Vigo.
Valorar a riqueza do ecosistema mariño.
Coñecer e valorar a riqueza das bateas de mexillón.
Observar in situ diferentes especies de animais invertebrados mariños.
Observar a composición dunha mostra de plancto mariño.
Valorar a importancia que ten para a vida dos seres vivos o coidado dos elementos da paisaxe máis próxima.
Enriquecer as relacións sociais dentro e fóra da aula.
"Plantando árbores con pinceis" é un proxecto escolar organizado por Afundación para a sustentabilidade que une a cultura e o coidado do medio ambiente a través da realización no centro mural artístico, vo e ecolóxico con pinturas fotocatalíticas, que absorben e depura os contaminantes que hai no aire, como óxidos de nitróxeno e outros gases nocivos da industria e do tráfico rodado ( cada metro cadrado desta pintura equivale ao efecto depurativo que achega unha árbore adulta ao medio).
Unha iniciativa innovadora que spretende achegar ao alumnado unha mensaxe positiva sobre o coidado do medio ambiente, propoñendo alternativas de lecer que fomenten o respecto ao medio natural a través da arte, cunha metodoloxía participativa e colaborativa. Esta actividade está relacionada coa commemoración do Día Mundial do Medio Ambiente que se celebra o vindeiro 5 de xuño.
Este foi o resultado do mural pintado no patio de entrada ao centro polo alumnado de 6º de Ed. Primaria.
O alumnado de 5º de Ed. Primaria, dentro da mesma temática deseñou bolsas de tea.
Estimadas familias, como ben sabedes este ano temos o PROXECTO ANUAL DO CINE e co gallo da SEMANA DAS ARTES ( do 8 ao 12 de abril) recibimos a visita de Javier Casellas. Actor de Gondomar que participou na película LIVE IS LIFE. Película que se rodou parte en Galicia. Javier é Garriga na película, un dos rapaces protagonistas da historia.
Hoxe veu ao centro a contarnos a súa experiencia como actor e a satirfacer as curiosidades do alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria.
Primeiro, agradecer a vosa colaboración aportando auténticas obras de arte, deixando voar a imaxinación e decorando as cabazas, os doces tan creativos nas merendas e por suposto os disfraces do alumnado para a festa.
O centro quere premiar a implicación do alumnado na Semana do Samaín e o todos e todas recibirán un agasallo.
Cabazas máis valoradas e premiadas cun libro de medo.