Funcionamento

Presentación do Departamento de Orientación

Este departamento constitúe o garante de que a orientación forme parte esencial da actividade educativa e supón unha vía de asesoramento permanente ao profesorado e ás familias.

Se queremos aproveitar ó  máximo este servizo será necesario, en primeiro lugar, poñer en coñecemento tod@s a súa estrutura, as súas funcións e o seu modo de funcionamento.

ESTRUTURA

Os membros do Departamento son:

  • A Xefa do Departamento (Orientadora)
  • O especialista en Pedagoxía Terapéutica.
  • Os coordinadores de ciclo: Infantil, 1º, 2º e 3º ciclos.

FUNCIÓNS DO DEPARTAMENTO

  • Valora-las necesidades educativas dos alumnos e alumnas e deseñar, desenvolver e avaliar programas específicos de intervención.
  • Elaborar, de acordo coa Comisión de Coordinación Pedagóxica, o Plan de Orientación e o Plan de Acción Titorial, así como coordina-lo profesorado e ofrecerlle soporte técnico para o desenvolvemento destes plans.
  • Participar na elaboración do Proxecto Educativo do centro, incidindo nos criterios de carácter organizativo e pedagóxico para a atención ó alumnado con necesidades educativas especiais e nos principios de avaliación formativa e, cando cumpra, na adecuación dos criterios de promoción.
  • Deseñar accións encamiñadas á atención temperá e á prevención de dificultadoes ou problemas de desenvolvemento ou de aprendizaxe derivadas tanto de condicións desfavorables como de altas capacidades que presenten os alumnos e as alumnas.
  • Participar na avaliación psicopedagóxica e no deseño e desenvolvemento de medidas de atención á diversidade.
  • Facilitarlle ao alumnado o apoio e o asesoramento necesarios para afronta-los momentos escolares máis decisivos ou de maior dificultade, como o ingreso no centro, o cambio de ciclo ou etapa, etc.
  • Impulsa-la participación do profesorado en programas de investigación e innovación educativa nos ámbitos relativos a hábitos de traballo intelectual, programas de ensinar a pensar, habilidades sociais, técnicas de dinámica de grupos e en calquera outros relacionados co seu ámbito de actuación.
  • Promove-la cooperación entre o centro e as familias, implicándoas no proceso educativo dos seus fillos.
  • Favorece-lo proceso de maduración vocacional orientando e asesorando ó alumnado sobre as súas posibilidades académicas e profesionais e axudándolle a elixir responsablemente.

FUNCIONAMENTO 

Existen dous modos fundamentais de traballo, que se levarán a cabo de maneira simultánea ó longo do curso:

A DEMANDA:

O departamento atenderá ás demandas realizadas polos/as titores/as, ben sexa por dificultades observadas en determinados/as alumnos/as (de cara á avaliación psicopedagóxica e á intervención cos apoios necesarios) ou por necesidades de asesoramento a nivel pedagóxico, de recursos, información, etc.

POR PROGRAMAS:

Serán actuacións a nivel xeral (para todo o centro, ou en determinados cursos ou ciclos) de tipo preventivo ou motivadas por demandas de tipo xeneralizado. Levarase a cabo, como en anos anteriores, a proposta de programas ós titores para que elixan os que desexen poñer en marcha.

 

DÍAS DE ATENCIÓN

A xefatura do departamento estará dispoñible tanto para mestres e mestras como para pais e nais, os

LUNS, MARTES, XOVES E VENRES

 

 

Aínda que non é imprescindible, de cara a unha mellor organización, aconséllase acordar previamente coa orientadora o día e a hora da reunión.

O espazo destinado ó departamento atópase na Planta Baixa, ó lado de Dirección e Secretaría.

 

Tania Rodríguez García

 

Xefatura do Departamento de Orientación

Powered by Drupal - Design by artinet