15-03-2019

Comezamos a xornada na Aula Magna, na que debatemos, primeiro con Carmela (profesora no CIFP de Someso) e despois con Marta (Xerente da Asociación de Empresarios do Polígono de Sabón),  acerca do que é emprender, que é unha idea de negocio, o recoñecemento dos nosos talentos, o establecemento de obxectivos, a persistencia, o traballo en equipo e o liderazgo. Alí tamén votamos polas ideas de construción (levadas a cabo por alumnos do centro) que máis nos gustaron.

A continuación, o director do centro falounos das familias profesionais existentes no mesmo e obsequiounos con mochilas, pen-drives, libretas e lápices do "Programa Atrévete".

Despois dun pequeno descanso, visitamos as aulas de Edificación e Obra Civil, Imaxe Persoal, Madeira e Mecánica.

O noso agradecemento un ano máis ao profesorado que nos acompañou en todo momento.

Mariña García San León

  

Powered by Drupal - Design by artinet