APERTURA DO CENTRO-MES DE XULLO

No mes de xullo a atención ás familias realizarase entre os días 1 e 19 en horario de 10:30 a 13:00.

Feliz verán!

Día de despedidas

Hoxe foi o día no que celebramos o remate do curso, mais tamén o remate de varias etapas: o tempo neste centro chega ao seu fin para o alumnado de 6º e tamén para Pepe, director e mestre de Educación Física. Isto é un "ata pronto!". No blog do EACE tedes un vídeo-resumo da xornada.

Lecturas refrescantes

Non deixedes de visitar o blog da Bibliosilva, pois a biblioteca non quere pechar as súas portas por este curso sen recomendarvos unhas lecturas moi refrescantes. Animádevos a botarlles un ollo!

Cé Orquestra Pantasma

Tedes no blog do EACE as fotos da xornada de hoxe: festaza para rematar o curso con Cé Orquestra Pantasma.

Formación en Primeiros Auxilios

Esta derradeira semana de clases, o alumnado de 2º e 3º ciclo de Educación Primaria tivo a oportunidade de formarse en Primeiros Auxilios grazas a esta actividade organizada pola ANPA e da que tedes fotos no blog do EACE.

Educación Vial

Xornadas de Educación Vial, onte e hoxe, organizadas pola ANPA do CEIP Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro. Tedes fotos destes dous días de actividades no blog do EACE.

Excursión de fin de curso

Hoxe, 3 de xuño, todo o alumnado do centro participou nunha saída ao Labirinto de Breogán. Tedes a reportaxe gráfica no  blog do EACE.

Powered by Drupal - Design by artinet