13-02-2019

O 13 de febreiro o alumnado de 5º e 6º de primaria participou en dúas actividades do PLAN DIRECTOR PARA A CONVIVENCIA E  A MELLORA DA SEGURIDADE NOS CENTROS EDUCATIVOS. Tivemos a ocasión de debater, por unha banda, acerca de que son as drogas, a clasificación das mesmas, as consecuencias orgánicas do seu consumo e do alcohol, etc. Por outro lado, profundizamos no tema do uso das redes sociais e dos perigos aos que estamos expostos con elas. Para finalizar, Óscar obsequiounos cuns marcapáxinas e uns imáns.

Moitas grazas e ata a próxima!

 

Powered by Drupal - Design by artinet