11-01-2019

 

VISITA A MUEBLES FRAGA E TALLERES DUBRA

Esta mañá demos comezo ás actividades enmarcadas no Programa Atrévete co obxectivo de fomentar, motivar e sensibilizar ao alumnado de 5º e 6º no espírito emprendedor.

Os nenos e nenas, acompañados polas súas titoras, fomos recibidos en "MUEBLES FRAGA" por Mª Carmen e Marta, que nos explicaron con todo detalle o funcionamento do negocio e amosáronnos as distintas seccións do mesmo.

A continuación achegámonos ata "TALLERES DUBRA", onde Silvia mostrounos moitos dos produtos que teñen á venda e lembrounos a importancia da seguridade á hora de traballar con esta maquinaria.

Ao remate de sendas visitas, tanto Mª Carmen como Silvia, sorprendéronnos cuns agasallos xeniais.

Só nos resta agradecer a súa amabilidade e agarimo á hora de atendernos nos seus locais e a claridade con que achegaron a información ao noso alumnado, que xa está desexando repetir a experiencia.

Moitísimas grazas!

Mariña e Silvia (titoras de 5º e 6º de primaria)

Powered by Drupal - Design by artinet