01-07-2017

Este curso escolar o alumnado de quinto e sexto de primaria participou no PROGRAMA ATRÉVETE para fomentar entre o noso alumnado o espírito emprendedor a través do coñecemento do mundo empresarial adaptado ás súas idades.

Aparte de visitar centros de Formación e Iniciación Profesional, e diversas empresas de distintos sectores, participamos no concurso ATRÉVETE A TER UNHA IDEA, no que o noso alumno IGNACIO SPÓSITO RIVERO resultou premiado.

Felicidades a todos os participantes e dun xeito especial a Nacho a a súa titora Mariña, que o acompañou, xunto cos seus pais, na entrega de premios celebrada en Santiago de Compostela.

Powered by Drupal - Design by artinet