20-10-2016

De conformidade co establecido na Resolución conxunta do 26 de setembro de 2016, realizarase en breve neste Centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR.

A organización e supervisión do procedemento correrá a cargo da XUNTA ELECTORAL  que se constituirá ao efecto e que estará formada polo director, un profesor ou profesora, un pai/naio ou titor legal e un representante do persoal de administración e servizos.

Os tres últimos serán designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril.Dito sorteo, que será público e no que se preverá a designación de membros suplentes, celebrarase neste Centro o día 25 de outubro ás 11,00 horas.

Powered by Drupal - Design by artinet