22-04-2016

O día 22 de abril conmemoramos o DIA DO LIBRO no noso centro. Levamos a cabo diversas actividades entre as que cabe destacar a confección da árbore dos irmáns Grimm cuxas follas e flores facían alusión aos distintos titulos traballados nas titorías.

Trala lectura de dous breves pasaxes do libro máis emblemático da literatura española: " EL INGENIOSO HIDALGO DON QUIJOTE DE LA MANCHA", por parte do alumnado de sexto, Begoña e Carme, en representación do Concello, fixeron entrega dun libro a cada un dos alumnos e alumnas do colexio.

Tendes a reportaxe gráfica colgada no blog da Biblioteca.

Powered by Drupal - Design by artinet