30-01-2014

O día 30 de xaneiro celebramos o DIA DA PAZ E A NON VIOLENCIA. Confeccionamos un mural co lema: A PAZ COMEZA CUN SORRISO, así como un banderín por alumno coa palabra PAZ en múltiples idiomas. O alumnado de Infantil tamén elaborou diversos paneis alusivos a esta data e interpretaron unha canción. A continuación tivo lugar a entrega de premios aos traballos gañadores do concurso CONTOS POLA PAZ e os xa clásicos xogos cooperativos por equipos.

As reportaxes gráficas do mural no que aparecen as caras dos alumnos sobre traxes que representan distintas profesións, así como as da entrega de premios literaríos, atópanse colgadas no blog da biblioteca.

Powered by Drupal - Design by artinet