14-06-2013

Solicitude do servizo de comedor escolar para o curso 2013-2014

Para solicitar o servizo de comedor escolar as familias interesadas poden recoller no centro a instancia de solicitude ou descargala da web.

O prazo de solicitude será do 17 ao 21 de xuño, ambos os dous inclusive. A contía a pagar por este servizo, ou a súa gratuidade, determinarase no mes de setembro mediante o procedemento que estableza a Consellería.

SELECCIÓN E ADMISIÓN DE USUARIOS DO SERVIZO DE COMEDOR A selección e admisión de usuarios do servizo de comedor, cando existan máis solicitudes que prazas dispoñibles, correspóndelle ao Consello Escolar do centro. No taboleiro de anuncios e na web do colexio exporase a listaxe provisoria de admitidos e de suplentes,  antes do 1 de xullo, respectando estritamente a seguinte orde de preferencia:

-Alumnado usuario do servizo de comedor no curso escolar anterior, salvo que variase substancialmente o criterio polo que foi admitido.

-Alumnado usuario lexítimo do servizo de transporte escolar.

-Alumnado en situación socioeconómica desfavorable ou que teña unha discapacidade igual ou superior ao 33%, acreditado con informe da asistenta social do concello que corresponda.

-Alumnado membro de familias numerosas.

-Alumnado, fillos de pais e nais traballadores con incompatibilidade demostrada dos seus horarios laborais co horario de saída do seu fillo/a ao mediodía.

-Outro alumnado do centro.

Instrucións de funcionamento do comedor escolar 2013-2014

Impreso de solicitude para alumnado usuario do servizo de comedor

Powered by Drupal - Design by artinet