blogue deJuligomez
FELIZ DÍA DA NAI!
Enviado por Juligomez o Ven, 05/03/2024 - 19:18O alumnado de 1º, 2º e 3º elaboramos un cartel para felicitar a tódalas nais polo seu día. Ao mesmo tempo tamén vos queremos dar as grazas por todo o que facedes por nós. De parte da nosa aula e de todo o colexio: Grazas e feliz día da nai. Esperamos que vos guste.
ALIMENTACIÓN SAUDABLE CON LUCAS REQUEJO
Enviado por Juligomez o Xov, 04/11/2024 - 15:53O martes 9 de abril recibimos a visita de Lucas Requejo, impulsor da iniciativa "Ultralimento", na que tivemos a oportunidade de coñecer alternativas a produtos de alimentación que non son moi saudables por outras que a maiores de coidar da nosa saúde, tamén o fan do planeta e das empresas locais.
Nalgún caso substituímos a bebida Aquarius por outra con menos azucre e noutros prepararon barriñas enerxéticas. Todo a través dun traballo en grupos mixtos, cunha boa dose de humor, música e reflexión.
VISITA DO BURELA FS
Enviado por Juligomez o Lun, 03/18/2024 - 16:50O pasado xoves, 14 de marzo, tivemos o pracer de recibir a visita de xogadoras e xogadores do Burela FS. Connosco estiveron Ana Eliza, Silvia Rubal, Rikelme e Pitero. Aproveitamos a ocasión para falar de deporte profesional, de alimentación e descanso ou das curiosidades que lles acontecen na cancha. Tamén aproveitamos a ocasión para que nos asinaran uns autógrafos e puidemos xogar un anaco con todos/as no noso patio.
O NOSO CENTRO
Enviado por Juligomez o Mér, 03/06/2024 - 13:29Vídeo de presentación elaborado pola ANPA do noso cole onde poden ver algúns dos aspectos máis relevantes de noso centro educativo.
O RECREO DO NOSO CENTRO NA PRENSA
Enviado por Juligomez o Lun, 02/05/2024 - 16:49Hai pouco saíu no xornal "El Progreso" unha nova na que se fala do tempo de lecer do noso centro. Afortunadamente dispoñemos dun número importante de materiais e recursos para que o alumnado realice outras actividades que non teñan que ver co fútbol. Dende karts ata unha biblioteca para o patio, pasando por diferentes xogos de mesa ampliados a tamaño real na nosa pista.
Agardamos que todos e todas gocen do seu tempo libre no noso centro.
Moitas grazas ao Progreso por darnos visibilidade.
- 1
- 2
- 3
- 4
- seguinte ›
- última »