ACTUALIDADE DO CENTRO

FELIZ DÍA DA NAI!

O alumnado de 1º, 2º e 3º elaboramos un cartel para felicitar a tódalas nais polo seu día. Ao mesmo tempo tamén vos queremos dar as grazas por todo o que facedes por nós. De parte da nosa aula e de todo o colexio: Grazas e feliz día da nai. Esperamos que vos guste. 

ALIMENTACIÓN SAUDABLE CON LUCAS REQUEJO

O martes 9 de abril recibimos a visita de Lucas Requejo, impulsor da iniciativa "Ultralimento", na que tivemos a oportunidade de coñecer alternativas a produtos de alimentación que non son moi saudables por outras que a maiores de coidar da nosa saúde, tamén o fan do planeta e das empresas locais. 

Nalgún caso substituímos a bebida Aquarius por outra con menos azucre e noutros prepararon barriñas enerxéticas. Todo a través dun traballo en grupos mixtos, cunha boa dose de humor, música e reflexión. 

VISITA DO BURELA FS

O pasado xoves, 14 de marzo, tivemos o pracer de recibir a visita de xogadoras e xogadores do Burela FS. Connosco estiveron Ana Eliza, Silvia Rubal, Rikelme e Pitero. Aproveitamos a ocasión para falar de deporte profesional, de alimentación e descanso ou das curiosidades que lles acontecen na cancha. Tamén aproveitamos a ocasión para que nos asinaran uns autógrafos e puidemos xogar un anaco con todos/as no noso patio. 

O NOSO CENTRO

Vídeo de presentación elaborado pola ANPA do noso cole onde poden ver algúns dos aspectos máis relevantes de noso centro educativo. 

 

 

CLUB DE LECTURA BIBLIOTECA

Distribuir contido