VISITA DO BURELA FS

O pasado xoves, 14 de marzo, tivemos o pracer de recibir a visita de xogadoras e xogadores do Burela FS. Connosco estiveron Ana Eliza, Silvia Rubal, Rikelme e Pitero. Aproveitamos a ocasión para falar de deporte profesional, de alimentación e descanso ou das curiosidades que lles acontecen na cancha. Tamén aproveitamos a ocasión para que nos asinaran uns autógrafos e puidemos xogar un anaco con todos/as no noso patio. 

Moitas grazas pola vosa visita, en especial a Santiago Loureiro, responsable da área social do Burela FS e aos/as xogadores/as pola súa amabilidade. 

*Imaxes cedidas polo departamento de presa do Burela FS.