Complementarias

ALIMENTACIÓN SAUDABLE CON LUCAS REQUEJO

O martes 9 de abril recibimos a visita de Lucas Requejo, impulsor da iniciativa "Ultralimento", na que tivemos a oportunidade de coñecer alternativas a produtos de alimentación que non son moi saudables por outras que a maiores de coidar da nosa saúde, tamén o fan do planeta e das empresas locais. 

Nalgún caso substituímos a bebida Aquarius por outra con menos azucre e noutros prepararon barriñas enerxéticas. Todo a través dun traballo en grupos mixtos, cunha boa dose de humor, música e reflexión. 

O SAMAÍN E MAGOSTO 2023

Durante a xornada do martes 31 de outubro celebramos o Samaín e o Magosto do ano 23. O profe Carlos traballou co alumnado para realizar dúas actuación na Casa da Cultura. Por unha banda recitaron o poema de Rosalía de Castro "Os mouchos" e despois a canción "Fantasmas"na que participaron, sexa tocando instrumentos sexa cantando e bailando todo o alumnado do centro.

COMO SE PRODUCE O MEL DO VALADOURO?

Nesta xornada acudimos á casa da cultura do Valadouro para compartir co colexio da localidade unha charla sobre como se produce este manxar. Felipe explicounos como traballa e cales son os principais aspectos a ter en conta antes de poder degustar este produto. A súa amabilidade e coñecemento do tema aproximaron a apicultura aos máis cativos. Como colofón, entregáronnos unha mostra de mel para que o desgustemos coas nosas familias. 

 

Saída a Lourenzá

Visita ás instalacións de Terras da Mariña 
S. Coop. Galega

 

Grazas á colaboración da ANPA, que nos ofreceu a realización da actividade, puidemos visitar o Centro de Interpretación da faba, participar nun obradoiro no muíño do Pereiro e visitar as hortas leguminosas. Dese xeito comprobamos cal é o proceso para a obtención da prezada Faba de Lourenzá. 

Descubrimos ós autómatas no castelo de Alfoz

O martes, 16 de setembro, fomos de excursión ao muse de Alfoz e descubrimos os autómatas, máquinas feitas de forma artesá que funcionaban dando manivela a través dos seus engranaxes. Aprendemos dun xeito moi divertido ao ladiño da nosa escola.

Distribuir contido