Skip to Content

 

ADMISIÓN ALUMNADO 2024/2025 

 

*Solicitudes do 1 ao 20 de marzo

 

1) LEXISLACIÓN            2) PROCEDEMENTO

 

3) DOCUMENTACIÓN    4) IMPRESO ED550B

 

Curso 2022/23

Actualidade

7/12/2022

O mércores 7 de decembro o alumnado de 4º, 5º e 6º recibiu unha interesante charla sobre igualdade de xénero, impartida pola especialista en estudos de xénero Mª Angélica Mercado Torres. Nela aprendemos cousas moi importantes para a nosa transición á vida adulta.

Para ver a galería desta charla, fai clic aquí

  


 

25/11/2022

O venres 25 de novembro conmemoramos o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller no CEIP Castrelo de Miño. Os nosos alumnos elaboraron un bonito mural e leron un manifesto en defensa da muller, achegando o seu gran de arena nesta sinalada data.

Para ver a galería deste día, fai clic aquí

  


 

 11/11/2022

O venres 11 de novembro celebramos o tan agardado magosto no noso colexio. Tivemos moi bo tempo e pasamos unha divertida mañá con manualidades, moitas castañas e un bo lume para xogar e rematar o día ben tisnados.

Para ver a galería do noso magosto, fai clic aquí

 


 

28/10/2022

O venres 28 de outubro celebramos no CEIP Castrelo de Miño un Samaín de auténtico medo! Polos corredores desfilaron bruxas, demos, magos, momias e toda clase de monstros. Tivemos xogos, maxia e sorpresas, e rematamos a festa cunha sobremesa especial nun comedor terrorífico...

Para ver a galería do noso Samaín, fai clic aquí

 


 

21/10/2022

O venres 21 de outubro a Asociación de Donantes y Receptores de Órganos de Vigo, ADROVI, obsequiou cun agasallo ao noso alumno Joel Cabrera pola súa labor a prol da doazón de órganos e tecidos. A entrega efectuouse no marco da presentación en Ourense do IV Concurso de Carteis Escolares de Doazón e Transplantes, no que Joel obtivo un segundo premio coa súa bonita ilustración.

Para ver a galería deste evento, fai clic aquí

 


 

19/10/2022

O mércores 19 de outubro o alumnado de primaria participou no primeiro dos tres obradoiros de Robótica que nos vai impartir este curso CAPTIOMA - Academia STEAM Ourense. Nesta actividade aprendemos os fundamentos da programación para despois lanzarnos á montaxe e configuración dun simpático prototipo funcional, co que experimentamos, competimos e xogamos. Xenial!

Para ver a galería deste entretido obradoiro, fai clic aquí

 


  

5/10/2022

O mércores 5 de outubro o CEIP Castrelo de Miño acolleu a presentación da iniciativa Toponimízate no noso concello. Este proxecto está dedicado á recuperación, rexistro e preservación da enorme riqueza toponímica da nosa terra, e a través da web galicianomeada.xunta.gal e da app móbil Galicia Nomeada nós podemos colaborar nesta importante tarefa.

Para ver a galería desta interesante presentación, fai clic aquí

 

Distribuir contido


by Dr. Radut