Skip to Content

Curso 2019/20

"AS PITAS BAIXO A CHOIVA". LETRAS GALEGAS 2020

Aquí están os debuxos e redaccións sobre os animais que fixestes coma unha pequena homenaxe a un home que amaba  tanto aos animais que ata se doía de que as pitas se mollaran baixo a choiva, Carballo Calero.

Podedes ler os escritos nos adxuntos.

 

ADAPTACIÓN DAS PROGRAMACIÓNS E EVALUACIÓN DO ALUMNADO

 Estimadas familias:

Seguindo as instrucións da Consellería de Educación publicamos a modificación dos criterios de cualificación final  para Educación Primaria.

 

CUALIFICACIÓN FINAL

A avaliación final do alumnado durante o curso 2019-2020 realizarase sobre as aprendizaxes desenvolvidas nos dous primeiros trimestres así como as actividades de repaso, reforzo e, no caso de considerarse oportuno, ampliación das aprendizaxes anteriores que se desenvolvan durante o terceiro trimestre sempre e cando se beneficie ao alumnado.

A 3ª avaliación servirá para subir a nota do alumnado nunca para prexudicalo. En situacións normais a avaliación final é a media das tres avaliacións, mais nestas condicións adaptarase e calcularase de acordo coas seguintes porcentaxes:

 50% da 1ª avaliación + 45% da 2ª avaliación+ 5% da 3ª avaliación.

 

Estes criterios van incluidos nas programacións didácticas de cada unha das áreas e niveis que se tiveron que adaptar á situación xerada polo estado de alarma e ás que podedes acceder  premendo nos adxuntos.

LETRAS GALEGAS 2020

 

 

 

Tedes unha adaptación do conto " As pitas baixo a choiva" contado polo profesorado do CEIP Vilaverde de Mourente

 

ADMISIÓN DE ALUMNOS. CURSO 2020/21

Restablécese o plazo de presentación de solicitudes do proceso de admisión para o curso 2020-2021, nas datas que van dende o 11 a 18 de Maio de 2020.

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade a diversos acordos do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop), do 5 de maio de 2020.

Ir á resolución  ( Admisión de alumnos dende a páxina 16)

FELIZ DÍA DA NAI

"PALABRAS VOADORAS" DÍA DO LIBRO 2020

Estamos moi ledos e orgullosos de vós (alumn@s, familas e profesores) pola rápida resposta á petición de colaboración que vos fixemos co gallo do Día do Libro.

Aquí tedes o resultado. Grazas a tod@s.

 

 

"EL OSO GOLOSO"

Conto sobre o desconfinamento

Normas á seguir á hora de sair da casa

"MÒVETE CONNOSCO NA CASA"

 A Dirección xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, a través dun grupo de especialistas en educación física e das súas familias deseñou unha programación semanal para traballar con exercicio físico e técnicas de relaxación  e así combater a tensión e a frustración dos e das pequenas nestes momentos de confinamento. 

http://www.edu.xunta.gal/portal/moveteconnosconacasa

 

Distribuir contido


by Dr. Radut