Novas

PUBLICACIÓN DA LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS/AS NO CENTRO PARA O CURSO 2023/24

HOXE PUBLICOUSE NO TABOLEIRO DO CENTRO A LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS NO CENTRO PARA O CURSO 2023/24.

* TODOS/AS OS SOLICITANTES ESTÁN ADMITIDOS PROVISIONALMENTE.

O 16 DE MAIO PUBLICARASE A LISTAXE DEFINITIVA.

INFORMACIÓN SOBRE AS ELECCIÓNS PARA A RENOVACIÓN DOS MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR

 

 

 

Este ano haberá eleccións para a renovación parcial dos membros do Consello Escolar do centro. A continuación tedes acceso a distinta información sobre o proceso.

 

CIRCULAR INFORMATIVA PARA AS FAMILIAS SOBRE A CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL.

NORMATIVA REGULADORA DOS CONSELLOS ESCOLARES E CIRCULARES ACLARATORIAS

Decreto 92/1988, do 28 de abril, polo que se regulan os órganos do goberno dos centros públicos de ensino non universitario. (DOG, 29/04/88).

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.

 

CALENDARIO DO PROCEDEMENTO DE ELECCIÓN DOS MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR

 

8 DE NOVEMBRO DE 2022:  

- Constitución da xunta electoral.

 

10 DE NOVEMBRO DE 2022:

- Publicación da convocatoria de eleccións no sector do profesorado.

- Publicación provisional do censo de profesorado.

 

DO 11 AO 18 DE NOVEMBRO DE 2022

- Presentación de candidaturas.

 

21 DE NOVEMBRO DE 2022 

- Celebración da segunda reunión da Xunta Electoral.

- Proclamación e posterior publicación de candidaturas.

- Aprobación definitiva do censo electoral.

- Aprobaciòn do modelo de papeletas e sobre do acto electoral.

- Sorteo público de designación dos membros da mesa electoral.

 

29 DE NOVEMBRO DE 2022

- Celebración da votación.

 

1 DE DECEMBRO DE 2022

- Celebración da 3º e última reunión da Xunta electoral.

- Proclamación de candidatos/as electos/as.

- Traslado á Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade a copia da acta da votación efectuada.

 

DÍA DO ENSINO

Recordámoslles que o día 31 de outubro de 2022 vén marcado no Calendario Escolar do curso 2022/23 como o Día do Ensino polo que non haberá clase.

CIRCULAR DE PRINCIPIO DE CURSO 2022/23

Premede aquí para consultar a circular onde se informa dalgunhas instruccións xerais do curso 2022/23.

REUNIÓNS DE PRINCIPIO DE CURSO COAS FAMILIAS (CURSO 2022/23)

Estimadas familias.

As datas, horas e lugares das reunións de comezo de curso do 2022/23 serán:

EDUCACIÓN INFANTIL: Día 06/09/2022 ás 16:30 horas. Esperar diante do edificio de infantil que está en obras.

1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA: Día 13/9/22  ás 16:30 horas nas aulas.

2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA: Día 06/9/22 ás 12:00 horas nas aulas.

3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA: Día 13/9/22 ás 17:00 horas nas aulas.

4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA: Dïa 13/9/22 ás 16:30 horas nas aulas.

5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA: Día 27/9/22 ás 17:00 horas nas aulas.

6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA: Día 20/9/22 ás 17:00 horas na biblioteca do centro.

O Equipo Directivo

PUBLICACIÓN LISTAXE DE ALUMNADO E TITORES PARA O CURSO 2022/23

Estimadas familias:

A partir das 9:00 horas do día 2 de setembro podedes consultar no taboleiro de anuncios do centro as listaxes de alumnado por niveis para o curso 2022/23 e os/as seus/súas respectivos/as titores/as.

Un saúdo 

O Equipo Directivo

REFORZA-T CURSO 2019-2020

 

Ao longo da 2ª e 3ª avaliación do curso 2019-2020, participamos no Contrato Programa na modalidade de REFÓRZA-T para unha parte do alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

Desenvolveuse en horario de tarde por parte dunha mestra destinada no noso centro a tal fin.

Dito programa foi financiado polo Fondo Social Europeo.