Skip to Content

Fóra do centro

OBRADOIRO DE ILUSTRACIÓN - 4º EP

O alumnado de 4º EP participou, a pasada semana, nun Obradoiro de Ilustración, no marco das actividades da XVII Campaña de Animación á Lectura. A devandita campaña foi promovida polo Concello de Santiago de Compostela coa colaboración da Ed. Kalandraka e a Fundación Sargadelos. Os nenos e nenas decoraron postais empregando diversas técnicas e materiais. 

VER FOTOS NA GALERÍA

VISITA AO GROVE

Os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria visitaron a vila pontevedresa de O Grove. A primeira parada foi no Acuario, onde puideron observar peixes das nosas costas, tartarugas disecadas, esqueletos de baleas etc. Despois, visitaron o Museo de Salazón, onde lles falaron do proceso da salazon das sardiñas, ademais dos aparellos empregados na pesca e marisqueo da zona. Finalmente, pola tarde embarcaron no porto nun catamarán de visión submariña no que puideron ver os peixes das augas próximas á vila. O que se di un día completiño.Risa

VER FOTOS NA GALERÍA

CONTACONTOS - Ed. INFANTIL

O Concello de Santiago puxo en marcha a XVII Campaña de Animación á Lectura, coa colaboración de Kalandra e a Fundación Sargadelos. Alí acudiron os nenos e nenas de Ed. Infantil do noso colexio para asistir a unha sesión de contacontos que fixo as delicias do alumnado.

VER FOTOS NA GALERÍA

OURENSE & CANÓNS DO SIL - 5º e 6º EP

Os alumnos de 5º e 6º EP estiveron en Ourense facendo un roteiro sobre Carlos Casares, escritor homenaxeado en 2017 no Día das Letras Galegas. Ademais, viaxaron en catamarán polos Canóns do rio Sil. Unha viaxe ben completa!!!!

FOTOS NA GALERÍA

ENTROIDANZAS con PESDELÁN

Os rapaces e rapazas de 3º e 4º de Primaria participaron na actividade Entroidanzas desenvolvida polo grupo Pesdelán. Foi unha actividade moi divertida onde  o alumnado puido bailar con cancións de Entroido de diferentes lugares do mundo.

VER FOTOS NA GALERÍA

 

SEGURIDADE VIAL

Os alumnos e alumnas de 6º EP foron ao recinto feiral de Amio para realizar prácticas de Seguridade Vial, dentro do programa do concello "Móvete seguro con Moito Olliño". Xa se sabe que o movemento demóstrase andando ... ou, neste caso, pedaleando. Guiño Premede no enlace para ver as fotos.  

VER FOTOS NA GALERÍA

RESIDUO NO TEATRO PRINCIPAL

A pasada semana os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria desfrutaron no Teatro Principal dun espectáculo de malabares moi especial chamado Residuo. Este espectáculo, promovido polo concello de Santiago de Compostela, falounos sobre a importancia de separar o lixo e reciclar para conservar o medio ambiente.

VER FOTOS NA GALERÍA

PITUSA SEMIFUSA

Os nenos e nenas de Ed. Infantil asistiron ao espectáculo lúdico-musical de Pitusa Semifusa no Auditorio. Toda unha experiencia!!!!

VER FOTOS NA GALERÍA

O PAÍS DA BANDA, UN CONTO MUSICAL

O alumnado de 1º e 2º de Primaria, asistiron ao espectáculo O país da banda, un conto musical coa Banda Municipal e Paula Carballeira.

FOTOS NA GALERÍA

VISITAMOS A CORUÑA - 3º e 4º EP

Os cursos 3º e 4º de Primaria fixemos o pasado 10 de xuño unha viaxe á cidade da Coruña. Tivemos unha axenda ben apretada: Aquarium Finisterrae, paseo ata a Torre de Hércules e Museo DOMUS. Que boa maneira de rematar o curso!!!!

VER FOTOS NA GALERÍA

Distribuir contido


by Dr. Radut