O pasado xoves 24 de outubro os nenos e nenas de 1º e 2º de Ed. Primaria asistiron ao espectáculo musical Animalia, que tivo lugar no Auditorio de Galicia. Na súa posta en escena, as personaxes Pico e Pata recrearon sons e ritmos populares coa axuda da Banda Municipal de Música do Concello de Santiago. Premede no enlace para ver o vídeo.
O venres 7 de xuño visitamos o parque zoolóxico Marcelle Natureza co alumnado de 5º e 6º de Primaria. Foi un día moi intenso, malia que caese algunha chuvieira de cando en vez. Así e todo, viron moitos animais, fixeron tiro con arco e tiveron un día de convivencia xenial. Pulsade no enlace para ver as fotos.
Os nenos e nenas de 3º e 4º de EP estiveron na Coruña e tiveron unha xornada moi ocupada. Visitaron o Aquarium, a Casa das Ciencias e o Domus. Premede no enlace para ver as fotos.
Despedimos a semana pasada coa celebración do Festival das Letras Galegas. Neste ano 2019, o homenaxeado foi o escritor pontevedrés Antón Fraguas. Tivemos un amplo repertorio con cantigas, poemas, regueifas, teatro e moitos premios. Premede nos enlaces para ver as actuacións !
O pasado martes 7 de maio, o alumnado de 6º de Ed. Primaria acudiu ao Recinto Feiral de Amio para realizar unha actividade dirixida por axentes da Policía Local do Concello de Santiago. Tratábase de concienciar aos futuros condutores e peóns da importancia de circular axeitadamente polas vías públicas e beirarrúas. Premede no enlace para ver as fotos.
O pasado venres celebramos no colexio o Día do Libro. Como xa é tradición nos últimos anos, o Equipo de Biblioteca organizou un mercado de troco de libros usados. Que mellor celebración que darlles aos libros unha segunda vida para que alguén máis o poida desfrutar. Este ano a nosa moeda de cambio, o Sionllo, está adicado a Antón Fraguas, que será homenaxeado no Día das Letras Galegas.
No noso colexio queremos recoñecer o labor realizado ao longo dos anos por tantas e tantas mulleres no eido científico. Algunhas realizaron avances notables en moitas disciplinas. Tamén foron pioneiras e abriron camiño para moitas máis que chegarían despois ... Esta é a nosa pequena homenaxe. Premede nos enlaces para ver os vídeos.
O mércores 27 de marzo tivemos pola tarde una actividade organizada polo Equipo de Biblioteca. Visitounos a escritora Teresa González Costa, autora do libro titulado A filla do ladrón de bicicletas, que están a ler os alumnos de 5º e 6º do Club de Lectura. Foi unha charla moi amena, logo houbo firma de libros e rematamos cun pequeno agasallo.