O pasado mércores 19 de abril os alumnos de 4º de primaria participaron por 2ª vez no Torneo de Oratoria da Fundación Barrié de la Maza celebrado na cidade de Coruña.
O torneo consta de cinco probas nas que hai que facer discursos de todo tipo con unha duración determinada.
O alumnado fixo un gran papel obtendo 186 puntos o equipo 1 e 179 puntos o equipo 2 sobre un máximo de 200.
Aínda que non lograron pasar á final, representáronnos moi ben e estamos moi orgullosas deles.
Para celebrar a súa actuación foron, logo de rematar o torneo, de picnic ás instalacións para tal fin do museo da DOMUS e posteriormente continuaron coa visita das instalacións de dito museo.
Algunhas fotos aquí: