Skip to Content

Oratoria e visita á Domus 4º EP

O  pasado mércores 19 de abril os alumnos de 4º de primaria participaron por 2ª vez no Torneo de Oratoria da Fundación Barrié de la Maza celebrado na cidade de Coruña.

O torneo consta de cinco probas nas que hai que facer discursos de todo tipo con unha duración determinada.

O alumnado fixo un gran papel obtendo 186 puntos o equipo 1 e 179 puntos o equipo 2 sobre un máximo de 200.

Aínda que non lograron pasar á final, representáronnos moi ben e estamos moi orgullosas deles.

Para celebrar a súa actuación foron, logo de rematar o torneo,  de picnic ás instalacións para tal fin do museo da DOMUS e posteriormente continuaron coa visita das instalacións de dito museo. 

Algunhas fotos aquí:

Visita Policía Local, 4ºEP

O pasado martes 18 de abril os nenos de 4º de primaria recibiron a visita da Policía Local.

Escoitaron unha charla moi interesante sobre educación vial: os perigos aos que nos enfrontamos como peóns e as medidas a tomar para diminuír o risco.

Despois tiveron a ocasión de coñecer polo miúdo os elementos cos que traballan os policías locais de Santiago: o coche, a temible máquina de poñer multas, material defensivo…

No patio do colexio puideron experimentar como é ir na parte traseira dos coches da policía. Son moi diferentes aos coches da familia!

Tamén de vestir coma un policía listo para pasar á acción.

Podedes ver as fotos aquí:

Listaxe provisional de admitidos/as curso 2023/2024

Infórmase de que todas as solicitudes presentadas neste centro para o vindeiro curso 2023/2024, están admitidas.

A información contida nos informes só pode facerse pública única e exclusivamente no taboleiro interior do centro, ou ben pode ser consultada telemáticamente a través da aplicación admisión alumnado, empregando a chave 365 ou o certificado dixital.

Un saúdo.

Día do libro: 23 de abril

O 23 de abril celebramos o Día do Libro. Dende o blog de Biblioteca do colexio, propoñen diversas actividades nas que podemos participar: 

Visita aos bombeiros 1º de Primaria

O mércores 29 de marzo o alumnado de 1º fixo unha saída ao Parque de Bombeiros de Santiago de Compostela

Alí explicáronlles moi ben a maneira de actuar en caso de emerxencia, así coma o número ao que hai que chamar. Subiron ao camión, probaron a mangueira, tocaron a sirena, visitaron todas as instalacións e desfrutaron moito.

De agasallo levaron para a casa un casco e un chaleco co que fixeron a visita. A cambio os bombeiros recibiron uns debuxos feitos polos nenos.

Agradecidas pola súa acollida.

Nina Ninette, 1º 2º Primaria

Este martes 22 de marzo, o alumnado de 1º e 2º tivo a oportunidade de desfrutar, no Auditorio de Galicia, dun espectáculo que leva por título Nina Ninette.

A través da danza interpretada por Determinada Compañía, conta a historia dunha rapaza chamada Nina, valente e alegre, que atopa unhas flores moi especiais que a levan a descubrir un mundo fantástico.

Teatro e Danza, 3º EP

O mércores 15 de marzo, o alumnado de 3º de Primaria puido desfrutar dun espectáculo de teatro e danza interpretado pola compañía Caramuxo Teatro, no Teatro Principal en Santiago de Compostela.

Este espectáculo chamado ¨Ela¨, crea un mundo fantástico a través das cores, a arte e o universo creativo da pintora Maruxa Mallo. Unha mestura de poesía, humor, teatro e danza onde descubrir o imaxinario desta muller excepcional. 

VER FOTOS NA GALERÍA

Votación Xornada Única

O próximo venres 24 de marzo procederase á votación do proxecto presentado por un grupo de familias interesadas no cambio de xornada. 

Toda a información facilitada pódese consultar no taboleiro do colexio, así coma no marxe superior dereito desta páxina. 

VÍDEO: Con que fin?

VÍDEO: Resumo dos cambios

Tríptico:

 

Día Internacional da Muller. Reto 8M.

Dende hoxe está en marcha o reto do 8M, que podedes consultar nblog de biblioteca.

Entroido 2023

A semana pasada puidemos desfrutar no colexio do Entroido. Durante a semana seguimos os mandados do Meco. Na seguinte imaxe podedes ver un resumo.

Rematamos o venres con un desfile de disfraces, onde a temática por cursos foron as profesións.

 Na seguinte cámara deixámosvos unhas fotos da galería.

Distribuir contido


by Dr. Radut