Skip to Content

DESEXOS POLA PAZ

Onte 30 de xaneiro, celebramos como todos os anos o Día da Paz. Pero neste curso, quixemos que os nosos desexos pola Paz se escoitaran un pouco máis e intentamos que permanezan no tempo escribíndoo nun lazo, que todo o alumnado pendurou na reixa da entrada ao cole. Ademais, achegámolo a toda a comunidade educativa convidándoa a que exprese o seu desexo pola Paz nos lazos que alí vos deixamos.

Tamén alzamos o noso berro a prol da Paz nunha morea de idiomas; decoramos e levantamos as nosas mans a favor da non violencia e, escenificamos cun mural da grafitera afgá Shamsia Hassani a impotencia ante o aumento de guerras no noso mundo. Botade unha ollada ás fotos que vos deixamos na galería, premendo nesta foto.

 

ÁLBUM FOTOS DE FIN DE ANO ´23

Aquí vos deixamos unhas fotos da gran festa do día de hoxe. Agardamos que vos gusten!

 

 E aquí o vídeo coas badaladas!

FESTA DE FIN DE ANO!

Mañá é o día de despedir este trimestre, e por iso chega á Sionlla:

 A FESTA DE FIN DE ANO!

Preparade as vosas mellores galas para despedir este 2023 e recibir ben o novo ano 2024.

 

Calendario de Advento. Nadal 2023

Chega decembro e con el a conta atrás cara ao Nadal. Por iso este ano queremos presentarvos o noso Calendario de Advento, onde nos días lectivos que restan para Nadal, poderedes ir descubrindo un vídeo sorpresa elaborado por cada aula. Tan só tedes que facer clic no día para poder visualizalo na nosa canle de youtube.

Comezamos hoxe venres, día 1 de decembro, e remataremos o día 21 cunha gran sorpresa para todos/as!

Agardamos que vos guste tanto como a nós, pois o alumnado e o profesorado puxo todo o seu esforzo neste traballo.

25 de novembro

No centro preparamos  uns murais representativos para conmemorar o 25N.

Ademais dende Biblioteca, EDLG e Actividades Extraescolares ofrecéronnos unha escolma de títulos coa temática relacionada, onde o alumnado puido escoller para ler algunha das suxestións que se amosaban.

 

 

Magosto 2023

Podedes acceder ás fotos da celebración do magosto organizado polo EDLG do centro no seguinte cartaz:


As cabazas do Samaín

Un ano máis chegou o Samaín e con el a xa tradicional exposición de cabazas, chea de creatividade no deseño. 

Son todas marabillosas! Polo que moitas grazas pola vosa participación e noraboa polo fantástico traballo!

Accedendo na imaxe podedes ver algunhas fotografías.

MENÚ Febreiro 2023

                               

APERTURA DOS PRAZOS PARA SOLICITAR O SERVIZO DE MADRUGADORES

A Xunta de Goberno Local, acordou os prazos e procedemento para solicitar os servizos de comedor e madrugadores (no caso do noso colexio sería só para madrugadores) nos centros de Educación Infantil e Primaria do Concello de Santiago de Compostela.

O prazo para presentar as solicitudes abrangue dende o 18 de xullo ata o 28 de agosto de 2023 (ámbolos dous inclusive).

Podedes acceder aos PDF coa información e a ficha de inscrición na seguinte imaxe:

                                          

Colaboradores voluntarios na atención do comedor escolar

Lémbrase que segue aberto o prazo para presentarse como colaborador/a na atención do comedor escolar para o vindeiro curso 2023/2024.

As persoas interesadas deberán presentar a súa solicitude no centro ou a través do enderezo electrónico:

 ceip.casas.novoa@edu.xunta.gal

Distribuir contido


by Dr. Radut