Skip to Content

VISITA Á DOMUS - 5º & 6º


O pasado 9 de Febreiro produciuse un acontecemento espectacular case indescritible!


A continuación ofrecémosche os comentarios que os alumnos de 5º e 6º fixeron para que poidas apreciar a magnitude deste feito:


"Eu recoméndovos ir á Domus, é xenial!" (Pablo, 5º E.P.)


"Non podes evitar ver a película 3D, ... "podes ver documentais", ... "películas en 3D non se ven todos os días" (Antía, Alex e Esteban, 6º E.P.)


"Gustoume algo parecido a unha cabina.... Encendíase unha luz e quedaba a túa sombra pegada na parede" (Marta, 5º E.P.)


"Recomendo ir á Domus porque hai un medidor de saltos" (Elías, 5º E.P.)


"Hai un video do parto dunha muller....e ensínancho moitas veces seguidas no día" (Nerea e Nuria, 5º e 6º E.P.)


Ata as paradas para repoñer forzas teñen o seu encanto neste recinto:


"Compra na máquina de regalices que pode tocarche un 2x1"....."ou un 6x2" (Brais e Pedro, 6º E.P.)


Continuemos coa visita:


"O que máis me gusta....a segunda planta" (Antonio, 5º E.P.)


"Hai unha máquina de olores" (Edenia, 5º E.P.)


"Non te perdas o campo de fútbol"...."hai un medidor de potencia dos tiros" (Samuel, Martín e Raúl, 5º e 6º E.P.)


"A sala dos exercicos é fantástica" (Alejo, 5º E.P.)


"Un corazón enorme"...."un corazón de madeira xigante" (Carmen, Patricia, Yadhira, 5º e 6º E.P.)


"Non te perdas os corazóns de animais e humano"...."Son sorprendentes" (Eva e Daniel, 6º E.P.)


"Deberías probar os xogos de relaxación"...."son estupendos"...."o que máis relaxado estaba gañaba" (Miguel Ángel, Manuel e Martín, 5º e 6º E.P.)


Isto e moitas máis cousas son as que podes atoparte se visitas a Domus na cidade da Coruña, sobre todo por que....


"Aprendín moitas cousas na Domus. É moi divertido" (Noelia, 5º E.P.)


Mais, se ves que perdes folgos na visita e necesitas unha axuda:


"Leva cartos. Os capuchinos están boazos" (Fran, 6º E.P.)


 


NOTA: poderás ver moitas destas cousas na galería fotográfica.



page | by Dr. Radut