Skip to Content

25 de novembro

No centro preparamos  uns murais representativos para conmemorar o 25N.

Ademais dende Biblioteca, EDLG e Actividades Extraescolares ofrecéronnos unha escolma de títulos coa temática relacionada, onde o alumnado puido escoller para ler algunha das suxestións que se amosaban.

 

 

Magosto 2023

Podedes acceder ás fotos da celebración do magosto organizado polo EDLG do centro no seguinte cartaz:


As cabazas do Samaín

Un ano máis chegou o Samaín e con el a xa tradicional exposición de cabazas, chea de creatividade no deseño. 

Son todas marabillosas! Polo que moitas grazas pola vosa participación e noraboa polo fantástico traballo!

Accedendo na imaxe podedes ver algunhas fotografías.

MENÚ Febreiro 2023

                               

APERTURA DOS PRAZOS PARA SOLICITAR O SERVIZO DE MADRUGADORES

A Xunta de Goberno Local, acordou os prazos e procedemento para solicitar os servizos de comedor e madrugadores (no caso do noso colexio sería só para madrugadores) nos centros de Educación Infantil e Primaria do Concello de Santiago de Compostela.

O prazo para presentar as solicitudes abrangue dende o 18 de xullo ata o 28 de agosto de 2023 (ámbolos dous inclusive).

Podedes acceder aos PDF coa información e a ficha de inscrición na seguinte imaxe:

                                          

Colaboradores voluntarios na atención do comedor escolar

Lémbrase que segue aberto o prazo para presentarse como colaborador/a na atención do comedor escolar para o vindeiro curso 2023/2024.

As persoas interesadas deberán presentar a súa solicitude no centro ou a través do enderezo electrónico:

 ceip.casas.novoa@edu.xunta.gal

Fondo solidario libros de texto 2023/2024

Comunicamos que a listaxe definitiva de adxudicación do fondo solidario co nº de libros asignados ao alumnado, figura publicada no taboleiro do centro. Tamén se pode acceder a esta listaxe a través da sede electrónica coa chave 365.


Presentación da autodeclaración de comedor escolar

Unha vez publicadas as instrucións de comedor escolar para o vindeiro curso, ábrese o prazo para a presentación do impreso de AUTODECLARACIÓN para o cálculo dos prezos públicos de pagamento do servizo de comedor escolar para o vindeiro curso 2023-2024.

Segundo a Orde deberá ser presentado antes do 1 de setembro de 2023 no centro.

IMPRESO AUTOCOMPLETABLE PARA DESCARGAR  

INSTRUCIÓN 2/2023 DA SECRETARÍA XERAL

Excursión fin de curso 2º e 4º EP

O pasado xoves 15 de xuño, o alumnado de 2º e 4º foi de excursión a Vilanova de Arousa.

Pola mañá visitaron o Pazo de Vista Real. Fixeron varias activiades: un paseo pola historia, disfrutaron dun labirinto onde puideron alimentar a pombas mensaxeiras, foron ao hospital de plantas do pazo... 

Pero tamén tiveron tempo de lecer no parque natural do Terrón, e comeron nunha praia do Terrón. Ademais fixeron un traxecto no chiquitrén versión disco, onde o  pasaron xenial.

Aquí vos deixamos algunhas fotos.

Concerto de Pakolas

O pasado mércores 14 de Xuño, o alumnado puido desfrutar dunha sorpresa que preparou a ANPA con moito agarimo para despedir o curso: o concerto de Pakolas

Aquí vos deixamos algunhas fotos.

Distribuir contido


by Dr. Radut