Skip to Content

Ampliación importe cheque material

No Diario Oficial de Galicia do día14 de outubro de 2022está previsto que se publique a
Resolución do5 de outubro de 2022de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir
material escolar, regulada na Orde do29 de abril de 2022.
Nesta resolución establécese que os beneficiarios do vale para adquirir material escolar por
importe de 50€ recibirán un vale adicional de 25€.Así mesmo, o alumnado que se incorpore a un
centro docente sostido con fondos públicos ao longo do curso escolar e ata o 31 de marzo de
2023, que perciba a axuda para adquirir material escolar da Orde do 29 de abril de 2022, tamén
percibirá esta ampliación.

As familias non teñen que realizar ningún trámite a maiores.

Poderán recoller o vale a partir do vindeiro martes 18 de outubro de 10:00  a 14:00 horas.

Son beneficiarias aquelas familias que recibiron o cheque de material.

A axuda de 25 euros a maiores e terase que gastar preferiblemente antes do 31 de decembro-



story | by Dr. Radut