Skip to Content

Horta do Avó de Casás

Estimadas familias;
En primeiro, moitas gracias pola vosa participación!
Onte, foi un día moi especial, e pasámolo xenial na excursión a casa do avó de Casás, relacionado co proxecto de centro “Coas mans na Terra”.
Vivimos unha gran aventura onde descubrimos moitos froitos da horta: cabazas xigantes, tomates, xudías, physalis...
A emoción dos nenos e das nenas, podédelas observar na seguinte presentación

Para nós, é moi importante a vosa colaboración e implicación. Facer un traballo en equipo entre familia e escola é fundamental para o desenvolvemento dos nenos e das nenas. De modo que, moitas gracias novamente.
Un cordial saúdo,



page | by Dr. Radut