Skip to Content

Datas entrega notas.

Datas importantes Fondo libros

Menu Xuño

Xa está dispoñible o menú do mes de xuño aquí 

Fondo Libros e axuda material curso 24/25

Iniciarase o día 20 de maio e rematará o día 21 de xuño de 2024. O alumnado que se incorpore ao centro docente fóra deste prazo disporá dun mes contado a partir do día seguinte ao da formalización da matrícula. 

As familias que así o precisen poden dirixirse ao servizo de administración para aclarar dúbidas. 

 

Documentación 

Orde fondo libros 

Modelo impreso ( Anexo I e II )

Axuda para cubrir impreso 

Aplicacións de interese 

Sede electrónica 

Aplicación fondo libros 

Menú maio

Xa está dispoñible o menú do mes de maio. 

 

Ver aquí 

Admisión alumnado 24/25

Publicado no taboleiro do centro a listaxe provisional de admitidos ou excluídos para o vindeiro curso 24/25.

Presentación de reclamacións ás listaxes provisionais no prazo de 5 días hábiles a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Publicación definitiva 15 de maio.

 

 

Proceso Admisión Alumnado

Estimadas familias:

Comunicámoslles que todas as solicitudes para Educación Infantil presentadas en prazo para o proceso de admisión de novo alumnado para o curso 2024/2025 figuran en estado ADMITIDAS. 

Para Educación Primaria tendrán que agardar o proceso de baremo. 

Lembramos que estamos en prazo para a entrega de documentación xustificativa dos méritos alegados ata o 5 abril para o proceso de baremo (E.P.)

O 25 de abril sairán as listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas. 

O prazo de formalización de matrícula estará aberto do 20 o 30 de xuño.  

Un saúdo 

 

Menú mes de abril 24

Estimadas familias 

 

Xa podedes consultar o menú do mes de abril aquí 

8 Marzo

Plantilla 8 M.

Plantilla aquí.

Solicitude de praza (admisión alumnado 24/25) Infantil e Primaria.

Estimadas familias: 

Comeza o prazo de solicitude de reserva de praza para Infantil e Primaria  para o curso 2024 e 2025. 

O alumnado que xa está matriculado non precisa formalizar matrícula. 

Nota informativa aquí 

Modelo Galego 

Modelo Castelán. 

Información a tener en cuenta

 INFORMACIÓN IMPORTANTE

1º. Todo o alumnado incluído no ámbito desta orde poderá presentar solicitude de admisión, pedindo ata seis (6) centros por orde de preferencia, e alegar os criterios de admisión que pretenda que se lle valoren. Esta solicitude de admisión dirixirase ao centro solicitado en primeiro lugar. Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude, do contrario determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle. Despois de presentar unha solicitude de admisión, para 2/4 Edificio Administrativo Ronda da Muralla, 70 27071 LUGO edu.xunta.es renunciar a ela deberá facerse expresamente, indicándoo no recadro correspondente da nova solicitude que deberá presentarse.

 

2º. O alumnado que teña prioridade para continuar estudos nun centro de adscrición pode exercer o seu dereito á reserva de praza presentando solicitude de reserva no centro adscrito, isto é, no que está matriculado nese momento, e identificará o centro de adscrición que solicita.

3º. En todo caso, a solicitude de reserva ou de admisión é única para cada alumno/a e ten carácter vinculante. A súa presentación implica que son certos os datos indicados nela. A existencia dunha solicitude de admisión presentada en prazo sen renunciar expresamente á anterior e, así mesmo, a existencia dunha solicitude de admisión sen ter renunciado á praza reservada a 28 de febreiro (este incluído) poderán ser causa de perda do dereito a participar no procedemento nos termos previstos no artigo 8.

4º. Que o alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe. O alumnado con garantía de permanencia perderá esta cando resulte admitido con carácter definitivo noutro centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut