Skip to Content

Día da lingua materna Rosalía de Castro

Feliz Día da radio.

Logo Radiocasás

Logo Radiocasas

Entrevista Ana Meilán

Aquí vos deixamos a entrevista realiza a Ana Meilán con motivo da súa visita ao colexio.

 

Novo prazo actividades extraescolares do Concello

O vindeiro Luns 24 de novembro comeza  un novo prazo para solicitar as actividades extraescolares do Concello de Lugo. Dito prazo remata o venres día 28

Tedes toda a información e o formulario de inscripción aquí 

Novas medidas

Protocolo entrega probas

Achegamos o protocolo para a entrega das probas de antíxenos. 

https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/protocolo_cribado_antix...

Reserva praza instituto.

RESERVA PRAZA 1º ESO 

O alumnado do CEIP de Casás ten preferencia na reserva de praza para 1º da ESO no IES Leiras Pulpeiro, para facela efectiva deberá presentar:

SOLICITUDE TELEMÁTICA a través da Sede Electrónica accedendo a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/)

SOLICITUDE PRESENCIAL na administracióndo colexio en horario de 10:00 a 12:00 e de 13:00 a 14:00 horas (Deben entregala os pais/nais ou titores)

 

Ver documentos achegados.

 

 

 

Día da DISCAPACIDADE

Hoxe, 3 de decembro de 2021, celébrase o Día Internacional da Discapacidade.

En Casás, tivemos unha idea:

Porque centrarse nas discapacidades en lugar das CAPACIDADES?

Por iso, todos e todas xuntas gritamos:

DI CAPACIDADE!

Todos e todas somos extraordinarios!

Porque deternos, non é unha opción.

Hai moitos soños por cumplir…

“A DISCAPACIDADE É A CAPACIDADE EXTRAORDINARIA DE SER CAPACES”

#díainternacionaldadiscapacidade #3decembro #extraordinario #coasmansnaterra  #casariana #baixoomesmoparaugas #bescolaresgal #bibliotecasescolaresgalegas @bescolaresgal @malditanereaoficial @ceip.casas

Circular informativa

 

ELECCIÓN DOS REPRESENTANTES DE NAIS, PAIS OU TITORES/AS LEGAIS DO ALUMANDO AO CONSELLO ESCOLAR.

 

 

 

 

                                                          CIRCULAR INFORMATIVA

 

 

 

 

 O próximo día 24, en horario de 14:40 a 17:00 horas, celebrase na biblioteca neste Centro a votación para a elección de representantes dos pais, nais ou titores/as legais do alumnado no Consello Escolar do centro. Para participar na referida votación, tal como se sinalaba na citada Convocatoria, procederase da seguinte forma:

 

 

            1º.-Quen pode votar.

 

 

            Teñen dereito a votar todos  os pais, nais ou titores/as legais do alumnado matriculado no Centro que figure no Censo que ao efecto aprobou a Xunta Electoral e tras a súa exposición pública regulamentaria. Tal dereito corresponde indistintamente ao pai e á nai, podendo votar ambos os dous.

 

 

            2º.- Modo de emitir o voto.

 

 

            a) O voto será directo, secreto e non delegado.

 

 

            b) Os modelos de papeletas e sobres da votación serán, obrigatoriamente, os previamente fixados pola Xunta Electoral do Centro, dos que haberá cantidade suficiente no local da votación.

 

 

            c) Nas referidas papeletas figurarán os nomes dos candidatos/as, por orde alfabético de apelidos, e cada elector/a deberá marcar cunha cruz un máximo 2 nomes das candidatas ou candidatos relacionados, debendo acreditar a súa personalidade, no momento de votar, mediante a exhibición do D.N.I. ou documento similar.

 

 

 

            d) Finalizada a votación procederase ao acto do escrutinio dos votos, que será público e, unha vez realizado, levantarase a correspondente acta.

 

 

            A dirección deste centro anima a todos os pais, nais e titores/as legais do alumnado a que participen na votación do próximo mércores, como unha forma máis de colaboración na organización do Centro, a fin de conseguir a máxima representatividade posible de pais e nais no Consello Escolar.

 

Lugo , 22 de novembro de 2021

 

                                                                                  

 

                                                        O/A DIRECTOR/A DO CENTRO

 DOCUMENTO ASINADO AQUÍ

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut