Skip to Content

Publicado Taboleiro de anuncios do centro Proclamación candidatos Consello Escolar.

Publicado no taboleiro de anuncios do centro a Proclamación candidatos renovación do Consello escolar 21/22, todos os sectores.
Período de reclamación 16 e 17 de novembro.

Argalladas de Casariana. 25 N. Donas de Casás

Casarina está a facer das súas. Qué andará tramando? 

 

Actividades extraescolares

O vindeiro Luns 15 de novembro comeza  o prazo para solicitar as actividades extraescolares do Concello de Lugo. 

Tedes toda a información e o formulario de inscripción aquí 

 

 

Consello Escolar

Renovación parcial de pais, nais e titores legais no Consello Escolar:

- Renovaranse 2 membros

- Data presentación solicitudes do 6-12 de novembro

- Data das votacións: 24/11/2021 ás 14:40 ata 17:40 horas.

Ver documentación achegada.

Horta do Avó de Casás

Estimadas familias;
En primeiro, moitas gracias pola vosa participación!
Onte, foi un día moi especial, e pasámolo xenial na excursión a casa do avó de Casás, relacionado co proxecto de centro “Coas mans na Terra”.
Vivimos unha gran aventura onde descubrimos moitos froitos da horta: cabazas xigantes, tomates, xudías, physalis...
A emoción dos nenos e das nenas, podédelas observar na seguinte presentación

Para nós, é moi importante a vosa colaboración e implicación. Facer un traballo en equipo entre familia e escola é fundamental para o desenvolvemento dos nenos e das nenas. De modo que, moitas gracias novamente.
Un cordial saúdo,

Casariana e Samaín.

Eleccións Consello Escolar

Eleccións Consello Escolar

Qué vos gustaría saber da alimentación saudable??

QUE VÓS GUSTARÍA DESCUBRIR?
Coas Mans na Terra é o proxecto interdisciplinar que se levará a cabo dende a Biblioteca no que se abordará a alimentación saudable, hábitos alimenticios, a orixe dos alimentos, a horta e moitas cousas mais.
Esta é unha enquisa sobre os intereses na temática por parte das familias do centro.

Radio Casás

Xa estamos de regreso nas ondas. Podedes disfrutar dun novo post sobre o cine. Desfrutade.

Distribuir contido


by Dr. Radut