Skip to Content

Solicitude Admisión Curso 2023/2024

Aberto o prazo de reserva de prazas 2023/2024.

 

Nota informativa aquí

Solicitude en Galego

Solicitude en Castelán

 

 

Xornadas de portas abertas

Xornada de portas abertas o vindeiro luns 27 ás 16:30. 

 

Comedor mes de febreiro con ovo e sen ovo, propostas de cea

Menú escolar mes febreiro ovo aquí 

Menu escolar mes febreiro sen ovo aquí 

Solicitude Praza Instituto

RESERVA PRAZA 1º ESO 

O alumnado do CEIP de Casás ten preferencia na reserva de praza para 1º da ESO no IES Leiras Pulpeiro, para facela efectiva deberá presentar:

SOLICITUDE TELEMÁTICA a través da Sede Electrónica accedendo a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/)

SOLICITUDE PRESENCIAL na administracióndo colexio en horario de 10:00 a 12:00 e de 13:00 a 14:00 horas (Deben entregala os pais/nais ou titores)

 

Ver adxuntos:

Información importante aquí

Solicitude Castelán aquí

Solicitude Galego aquí

Consello Escolar

Estimadas familias :

Xa está dispoñible no taboleiro do Centro o resultado das eleccións a Consello Escolar. Lembramos que o prazo de reclamación é ata o 19 decembro ante a Xefatura Territorial da Consellería de Educación de Lugo.  

 

Elección Consello Escolar. Circular informativa.

 

 O próximo día 28, en horario de 14:40 a 17:00 horas, celebrase na biblioteca neste Centro a votación para a elección de representantes dos pais, nais ou titores/as legais do alumnado no Consello Escolar do centro. Para participar na referida votación, tal como se sinalaba na citada Convocatoria, procederase da seguinte forma:

 

            1º.-Quen pode votar.

 

            Teñen dereito a votar todos  os pais, nais ou titores/as legais do alumnado matriculado no Centro que figure no Censo que ao efecto aprobou a Xunta Electoral e tras a súa exposición pública regulamentaria. Tal dereito corresponde indistintamente ao pai e á nai, podendo votar ambos os dous.

 

            2º.- Modo de emitir o voto.

 

            a) O voto será directo, secreto e non delegado.

 

            b) Os modelos de papeletas e sobres da votación serán, obrigatoriamente, os previamente fixados pola Xunta Electoral do Centro, dos que haberá cantidade suficiente no local da votación.

 

            c) Nas referidas papeletas figurarán os nomes dos candidatos/as, por orde alfabético de apelidos, e cada elector/a deberá marcar cunha cruz un máximo 1 nomes das candidatas ou candidatos relacionados, debendo acreditar a súa personalidade, no momento de votar, mediante a exhibición do D.N.I. ou documento similar.

 

            d) Finalizada a votación procederase ao acto do escrutinio dos votos, que será público e, unha vez realizado, levantarase a correspondente acta.

 

            A dirección deste centro anima a todos os pais, nais e titores/as legais do alumnado a que participen na votación do próximo luns, como unha forma máis de colaboración na organización do Centro, a fin de conseguir a máxima representatividade posible de pais e nais no Consello Escolar.

 

Circular aquí

Comedor pago por Abalarmobil

Consello Escolar

Renovación parcial de pais, nais e titores legais no Consello Escolar:

- Renovaranse 2 membros

- Data presentación solicitudes do 9-16 de novembro

- Data das votacións: 28/11/2022 ás 14:40 ata 17:40 horas.

Ver documentación achegada.

Modelo de solicitude aquí

Calendario proceso electoral aquí

Circular informativa aquí

O censo electoral atópase exposto no taboleiro do centro.

 

 

Actividades extraescolares do Concello

Estimadas familias:

Abrese o prazo de solicitude das actividades extraescolares do Concello. Estas actividades son de balde para as familias solicitantes.

Toda a info aquí

Ampliación importe cheque material

No Diario Oficial de Galicia do día14 de outubro de 2022está previsto que se publique a
Resolución do5 de outubro de 2022de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir
material escolar, regulada na Orde do29 de abril de 2022.
Nesta resolución establécese que os beneficiarios do vale para adquirir material escolar por
importe de 50€ recibirán un vale adicional de 25€.Así mesmo, o alumnado que se incorpore a un
centro docente sostido con fondos públicos ao longo do curso escolar e ata o 31 de marzo de
2023, que perciba a axuda para adquirir material escolar da Orde do 29 de abril de 2022, tamén
percibirá esta ampliación.

As familias non teñen que realizar ningún trámite a maiores.

Poderán recoller o vale a partir do vindeiro martes 18 de outubro de 10:00  a 14:00 horas.

Son beneficiarias aquelas familias que recibiron o cheque de material.

A axuda de 25 euros a maiores e terase que gastar preferiblemente antes do 31 de decembro-

Distribuir contido


by Dr. Radut