Skip to Content

blogue deadmin

FORMALIZACIÓN MATRÍCULA NOVO ALUMNADO CURSO 2024-2025

 

Estimadas familias:

Do 20 ao 30 de xuño está aberto o prazo para formalizar a matrícula do alumnado novo.

 

Deberán presentar:

  • Impreso formalización de matrícula (Anexo III).
  • Impreso de recollida de datos do alumnado.
  • Impreso autorización do uso de imaxe.
  • Impreso confirmación matrícula (Relixión/Alternativa).
  • Fotocopia Libro de Familia.
  • Fotocopia da Cartilla de vacinas.
  • Fotocopia da Tarxeta sanitaria (por ambas caras).
  • 3 Fotos tipo carné.
  • Fotocopia DNI ambos proxenitores / representantes legais.
  • Alumnado COMEDOR: Anexo II Modelo de autodeclaración e especificacións ( aínda non está dispoñible, en canto o estea publicarémolo).
  • Alumnado de 4º de E. Infantil: Anexo - Cuestionario.

 

Se tedes calquera dúbida sobre a matrícula podedes chamar ao centro. 

Tlf: 886 120 191

AXUDAS MUNICIPAIS ESCOLARES LIBROS E MATERIAL ESCOLAR EDUCACIÓN INFANTIL 2024-2025

SÓ PARA ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL
 
Obxecto:
Axudas para a adquisición de libros e material escolar para Educación Infantil (2ª etapa). No concepto de material escolar inclúese todo o material necesario para o desenvolvemento do curso académico en función das obrigas de cada colexio e as súas técnicas de aprendizaxe (mandilón, chándal, zapatillas deportivas, material informático e material funxible, mochila, uniforme, máscaras, etc.).
 
O prazo de presentación de solicitudes será  do 14 de agosto ao 12 de setembro (ambos incluidos).
 
As solicitudes presentaránse a través da carpeta cidadán do concello de Vigo ou presencialmente mediante cita previa.
 
Só mediante cita previa na web citaprevia.vigo.org, no apartado  "axudas municipais escolares", en horario, de luns a venres, de mañá de 9:00 a 13:45 horas.
 TEDES TODA A INFORMACIÓN E A SOLICITUDE NOS ARQUIVOS ADXUNTOS
 
 

Decembro en 5 anos

No mes de decembro festexamos o Nadal, con moitas actividades e unha rica chocolatada. Con estas postais máxicas desexámosvos Bo Nadal!

 

Tamén foi un mes de encontrarnos cxs nosxs madriñas e padriños lectores. Para ese momento tan especial fixémoslle un agasallo moi propio destas festas.

 

Como xa sabedes, o traballo cos números axudounos a organizar todo o ano 2023. Co noso calendario xa na casa desexámosvos un FELIZ ANO NOVO!

Encántanos o Nadal!

Decoramos as clases con motivos navideños. Fixemos árbores con grafismos e bolas con ceras e purpurina, unha estrela en 3D para decorar a árbore da nosa casa e tamén unha postal cun abeto que se balancea... Desfrutamos moito facendo estas actividades!

 Como o último día teremos un intercambio de tarxetas cos padriños e madriñas de lectura, decoramos unha postal cun abeto feito con corazóns e tamén lle puxemos estrelas douradas e prateadas. Desexamos que lle guste moito aos nos@s padriños e madriñas.

Para o Mercadiño de Nadal elaboramos un tres en raia navideño decorando pedriñas con rotuladores e unha bolsa de tea. Quedounos moi chulo!

Boas festas!

 

NOVEMBRO EN 5 ANOS

Para celebrar o Magosto decoramos os nosos vasos para as castañas, vimos como se facían nas fogueiras, manchamos a cara de chamusco e bailamos e cantamos no concerto.

Comezamos coa actividade de padriños e madriñas lectorxs, que, de novo, parte da Biblioteca para acompañarnos e enchernos de ilusión durante todo o curso.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut