Skip to Content

blogue deadmin

CHEGARON OS PETOS EN 4 ANOS

 

 

Por fin chegaron os nosos petos para os días de choiva, xa podemos

desfrutar dos charcos!

Lóxica-matemática

Gústanos moito facer figuras co xeoplano e o tangram. Ás veces, creamos as que nos queremos e outras veces  utilizamos plantillas para copiar. Coas regretas facemos series, traballamos conceptos espaciais e  tamén facemos os muros dos números, ademais de  sumas e restas, series… ou creamos construccións que se nos ocorren.

Día da poesía

A  semana do 14   ao 17 de Marzo   fixemos  poesías porque Carrás  deixounos una carta invitándonos a participar nesta actividade . Pola mañá aparecían unhas palabras nun expositor que iamos  ler  e despois entre tod@s creamos unas fermosas poesías   que metíamos unha urna. Para medir canta poesía se facía en todo o colexio tiñamos un  tubo medidor onde íamos botando confeti (cada poesía, un vaso de confeti). Isto encantounos!  Con todas as poesías fíxose una exposición na aula de psicomotricidade. Fomos visitala e ademais tamén  realizamos una actividade moi divertida co confeti. Durante unha semana  convertémonos en poetas  para conmemorar o Día da Poesía.

MUSEO DO MAR

Collage 2 

Tivemos una saída ao Museo do Mar onde nos ensinaron moitos “Tesouros do mar”: distintos tipos de algas que puidemos tocar e ver as diferenzas. Tamén nos mostraron cunchas de moluscos  e caparazóns de crustáceos, así coma a mandíbula dun tiburón que tiña uns dentes moi afiados….tocamos una esponxa natural! Visitamos o acuario onde vimos moitos peixes: rodaballos, sargos, raias… e ata un tiburón!. Explicáronnos cousas moi interesantes.

ADMISIÓN CURSO 2022-23

Estimadas familias:

Queremos informarvos que todo o alumnado que presentou solicitude de admisión para o curso 2022-23 foi admitido.

Podedes consultar as listaxes defintiivas no taboleiro de anuncios do centro ou a través de aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional da Moeda e Timbre.

En base ás recomendacións vixentes en materia de protección de datos persoais non se considerará válido ningún outro medio electrónico de publicación.

Recordade que tedes que formalizar a matrícula na secretaría do centro do 20 ao 30 de xuño de 2022.

Os impresos de matrícula poderanse recoller na secretaría o poderán ser descargados da páxina web do centro en xuño.

Un saúdo

Distribuir contido


by Dr. Radut