Hoxe celebramos o nacemento dunha das máis prestixiosas autoras galegas e no colexio celebrámolo plantando pensamentos, a súa flor preferida. Quedáronnos estupendos!
Xa estamos de volta no blog da biblioteca. Despois dun fin de semana moi axitado, para pechar esta semana de traballo sobre o día da paz, creei un enorme lazo blanco rodeado das mellores lecturas que temos sobre esta temática. Espero que todos gocedes con elas. E xa sabedes, contádeme que vos pareceron!!!!
Xa chegou o momento de descansar e gozar deste Nadal cos nosos seres máis queridos. E entre eles non poden faltar os libros. Anímovos a que indaguedes nun milleiro de aventuras estas vacacións e por iso déixovos por aquí unhas recomendacións literarias para este tempo (no archivo adxunto ao final desta entrada están todos os títulos organizados por idades). Vémonos á volta!!!
Por fin chegou o día! Grazas a tod@s @s axudantes, xa temos preparada a biblioteca un curso máis para gozar dun milleiro de aventuras e actividades. Comezamos!