Skip to Content

Artigos

Padriños, madriñas e afillados e afilladas

Feliz día a todos!

Hoxe no noso colexio é un día moi especial porque festexamos o placer de ler xuntos. Cos nosos afillados, ou cos nosos padriños ou madriñas, pasamos unha hora de ler estupenda, gozando da lectura. Ademáis, algún agasallo recibimos... 

Que bo xeito de rematar a semana!

Carrás

Día internacional do libro

O 23 de abril conmemoramos o día do libro. Para celebralo, este mes faremos no colexio un montón de actividades relacionadas coa lectura. Por iso, esta semana os nenos de 1º, 2º e 3º tiveron a sorte de escoitar a Benxamín Otero, contacontos e ilustrador xenial. Acercounos de forma moi amena e agradable a uns contos moi interesantes. Moitas grazas!

 

 

Ademais, toda primaria visitou a biblioteca para aprender un pouco máis como é a nosa biblioteca. Moitas grazas Conchi por axudarnos a conseguilo!

 

Boa fin de semana de lectura!

Carrás

Mestres contadores

Feliz día internacional do libro infantil e xuvenil!

En Carrasqueira o volvemos festexar un ano máis coa actividade de "Mestres lectores". Todos gozamos das lecturas que os profes nos prepararon!

Canta poesía somos quen de crear no Carrasqueira?

Este é o título que levou a actividade que rematamos hoxe no colexio para celebrar o día da poesía. Os nenos e nenas pasaron toda a semana creando e escribindo moito; cada poema o mediamos cun vasiño de confeti e... conseguimos chear o tubo entre todos! Bo traballo!

 

Agora están todos expostos para que cada clase os poida visitar e co confeti xogar!

 

Carrás

 

 

8 M, día internacional da muller

Feliz día da muller a tod@s!

O equipo de biblioteca preparaou un camiño morado que nos leva a montón de lecturas recomendadas para este día. Aproveitade para visitalo, xunto cos carteis de mulleres importantes que colocou o equipo de dinamización do colexio. Quedounos xenial!

Carrás



by Dr. Radut