Skip to Content

Artigos

Secretaría - Sub Categories

LIBROS E MATERIAL CURSO 2021-2022

Estimadas familias:

Compartimos convosco as listaxes de libros de texto para o vindeiro curso 2021-2022.

LIBROS E MATERIAL CURSO 2021-2022

 

FORMALIZACIÓN MATRÍCULA NOVO ALUMNADO CURSO 2023-2024

 

Estimadas familias:

Do 20 ao 30 de xuño está aberto o prazo para formalizar a matrícula do alumnado novo.

 

Deberán presentar:

  • Impreso formalización de matrícula (Anexo III).
  • Impreso de recollida de datos do alumnado.
  • Impreso autorización do uso de imaxe.
  • Impreso confirmación matrícula (Relixión/Alternativa).
  • Fotocopia Libro de Familia.
  • Fotocopia da Cartilla de vacinas.
  • Fotocopia da Tarxeta sanitaria (por ambas caras).
  • 3 Fotos tipo carné.
  • Fotocopia DNI ambos proxenitores / representantes legais.
  • Alumnado COMEDOR: Anexo II Modelo de autodeclaración e especificacións ( aínda non está dispoñible, en canto o estea publicarémolo).
  • Alumnado de 4º de E. Infantil: Anexo - Cuestionario.

 

Se tedes calquera dúbida sobre a matrícula podedes chamar ao centro. 

Tlf: 886 120 191

AXUDAS MUNICIPAIS ESCOLARES LIBROS E MATERIAL ESCOLAR EDUCACIÓN INFANTIL

SÓ PARA ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL. 
Obxecto:
Axudas para a adquisición de libros e material escolar para Educación Infantil (2ª etapa). No concepto de material escolar inclúese todo o material necesario para o desenvolvemento do curso académico en función das obrigas de cada colexio e as súas técnicas de aprendizaxe (mandilón, chándal, zapatillas deportivas, material informático e material funxible, mochila, uniforme, máscaras, etc.).
 
O prazo de presentación de solicitudes será  do 5 ao 30 de xuño (ambos incluidos).
 
As solicitudes presentaránse a través da carpeta cidadán do concello de Vigo ou presencialmente mediante cita previa.
 
Poderáse pedir cita a partir do luns día 5 de xuño

Teléfonos: 010 ou 986 810 260

Toda a información no seguinte enlace:

https://sede.vigo.org/expedientes/avisos/?lang=gal

 TEDES TODA A INFORMACIÓN E A SOLICITUDE NOS ARQUIVOS ADXUNTOS
 
 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL CURSO 2022-2023

Estimadas familias:

Está aberto o prazo desde o día 19 de maio ata o 22 de xuño de 2022 (inclusive).

Poderase solicitar:

  • Fondo solidario de libros de texto: alumnado matriculado de 3º a 6º de Educación Primaria e ESO.

 

  • Axudas para adquirir libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de Educación Primaria.

 

  • Axudas para adquirir material escolar: alumnado matriculado de 1º a 6º Educación Primaria e ESO.

Poderase presentar presencialmente na secretaría do centro ou telemáticamente a través da aplicación Fondosolidario empregando calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e Chave365.

Recoméndase que a persoa solicitante sexa a persoa que vaia a recoller o vale de axuda de libros, material escolar ou os libros do fondo solidario. De non ser así para a recollida, haberá que traer unha autorización por escrito da persoa solicitante con fotocopia do DNI da persoa solicitante e da autorizada.

Cando o alumnado, no momento de presentar a solicitude, aínda non estea admitido en ningún centro docente para o curso 2022/23, deberá presentala no centro en que estivese matriculado no curso 2021/2022.

Podedes descargar aquí os Anexo I e Anexo II 

Ante calquera dúbida, podedes chamar á secretaria do centro 886 120 191.

 

 Máis información:

  • ORDE do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2022/23 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H)  (Enlace aquí)

 

  • Manuel de usuario para os cidadáns: enlace.

ADMISIÓN CURSO 2021-2022

Estimadas familias:

Queremos informarvos que todo o alumnado que presentou solicitude de admisión para o curso 2021-22 foi admitido.

Podedes consultar as listaxes definitivas no taboleiro de anuncios do centro ou a través de aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional da Moeda e Timbre.

En base ás recomendacións vixentes en materia de protección de datos persoais non se considerará válido ningún outro medio electrónico de publicación.

Recordade que tedes que formalizar a matrícula na secretaría do centro do 20 ao 30 de xuño.

 Un saúdo

 



by Dr. Radut