Estimadas familias:
Do 1 ao 21 de marzo ábrese o prazo para a solicitude de admisión de novo alumnado para o curso 2022-23.
Podedes descargar a solicitude de admisión neste enlace (Modelo ED550B) , na secretaría do centro e na páxina da Consellería de Educación.
Poderán presentarse presencialmente na secretaría do centro ou telemáticamente na Sede Electrónica da Xunta de Galicia a través da aplicación "admisiónalumnado" con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital .
DOCUMENTACIÓN
«O/a proxenitor/a ou representante do alumnado deberá achegar coa solicitude de admisión a seguinte documentación:
a) Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a súa consulta.
b) Copia do documento acreditativo do requisito de idade do alumnado. ( D.N.I., pasaporte ou Libro de Familia)
c) Documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos esixidos en cada nivel educativo (certificado de matrícula do centro de orixe). Non será necesario para o alumnado de 4º de E. Infantil.
d) No caso de separación xudicial ou divorcio, o convenio regulador ou resolución xudicial».
A solicitude terá que estar asinada por calquera dos titulares da patria potestade ou representantes legais. No caso de separación ou divorcio será necesaria a sinatura de ambos/as proxenitores/as, agás que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles.
Se tedes calquera dúbida, podedes consultar en secretaría (tfno: 886 120 191)
Un saúdo