Skip to Content

Resolución do proceso de admisión 2020/2021 e prazo de formalización de matrícula

Rematado o proceso de admisión, o centro terá para o curso vindeiro unha aula habilitada máis en Educación Infantil, o que garante praza para todo o alumnado solicitante. Coa fin de protexer os datos, dado que todos están en situación de admitidos, non se fará pública por esta canle. Estará dispoñible para a súa consulta no taboleiro do interior do centro, para consulta só dos interesados.

Asi mesmo comunicamos que o solicitante de praza para 5º de EP está tamén admitido ao contar con prazas suficientes.

Lembramos que segundo se establece nas instruccións ao respecto dos novos prazos deribados da situación de suspensión e posterior reapertura de prazos, o prazo para formalización da matrícula, tanto en Educación Infantil, Educación Primaria e ESO, será do 1 ao 10 de xullo ambos inclusives. Este proceso é obrigatorio para o novo alumnado (Solicitantes de admisión no noso centro e o alumnado de 6º no IES Lamas de Castelo os que fixeron reserva, ou no centro no que presentasen solicitude de admisión).

Será necesario presentar no centro o anexo III-1 debidamente cumprimentado e achegar a seguinte documentación:

  • Fotocopia do libro de familia (non é preciso si xa se achegou cando a solicitude de admisión).
  • De ser o caso DNI do neno ou nena (non é preciso si xa se achegou cando a solicitude de admisión).
  • De ser o caso, copia da sentenza de separación ou divorcio.(non é preciso si xa se achegou cando a solicitude de admisión).
  • Fotocopia do libro de vacinas.
  • Certificado ou informe médico conforme o alumno ou alumna non ten impedimento para á matrícula (pola pediatra, non ten que ser documento oficial).
  • En caso de non autorizar a toma de imaxes, dúas fotos tipo carné.
  • De ser o caso, informes sobre minusvalía do alumno ou alumna.

Lembren cumprimentar todos os apartados, en especial a opción entre Relixión Católica ou Valores, e se solicitan o servizo de Transporte Escolar.O centro xa non oferta o servizo de comedor escolar.

As solicitudes deberán vir asinadas, sendo obrigatorio a sinatura dos dous proxenitores en caso de separación ou divorcio.

 O alumnado de sexto deberá presentar no IES o AnexoIII-2(clicar para acceder)



page | by Dr. Radut