Skip to Content

Enquisa sobre convivencia

De acordo co establecido no Decreto 8/2015, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar, constituíuse o Consello para a Convivencia Escolar da Comunidade Autónoma de Galicia e aprobouse a Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2015-2020: educonvives.gal.

No marco desta Estratexia, o Eixe 1 está dedicado á diagnose e seguimento da convivencia escolar, realizouse en 2015 unha diagnose inicial que permitiu identificar os puntos fortes e febles na xestión da convivencia e na resolución de conflitos nos centros educativos, para a elaboración do plan de convivencia. Transcorrido un período significativo, e ao obxecto de facer un seguimento e avaliación continua faise necesario repetir o proceso referido.

No presente curso vaise levar a cabo unha nova enquisa na comunidade educativa, do 18 de febreiro ao 17 de marzo de 2019

A recollida de datos farase mediante unha ferramenta informática en liña, de xeito automatizado e totalmente anónimo. Para garantir este aspecto despregaranse diversas solucións tecnolóxicas e de procedemento entre as que destaca o acceso á propia ferramenta de recollida de datos.

A través da ferramenta: https://www.edu.xunta.es/convivenciaxestion/ as familias poderán participar voluntariamente, independentemente dos fillos escolarizados no centro, empregando a clave de acceso que o centro lle facilitará, creadas de xeito aleatorio, cumprimentar a enquisa premendo no apartado "Recollida de datos para as familias" (Clique aquí para acceder directamente).

As claves de acceso entregaranse por petición desde o centro, xunto coas explicacións facilitadas para o proceso, coa fin de evitar o gasto innecesario de copias e papel.

Todo o alumnado do centro que curse 5º de Educación Primaria ou superior, terá acceso, por quendas, ás aulas de informática para cubrir os cuestionarios, sendo estos tamén con claves aleatorias.



page | by Dr. Radut