Skip to Content

ATENCIÓN AO PÚBLICO SEGUNDA QUINCENA DE XULLO

Informamos que na segunda quincena do mes de xullo o centro permanecerá pechado de cara ao público, para proceder á organización de espazos, elaboración de proxectos e horarios do curso vindeiro e revisión do inventariado. As portas permanecerán pechadas dado que o conserxe estará de vacacións.

Para calquera trámite urxente, rogamos que no lo comuniquen por e-mail, na conta do centro: ceip.carnota@edu.xunta.es ou por vía telefónica no 881866795, e tentaremos fixar data e hora para seren atendidos.

Para a recollida de vales, poderán facelo ao longo do mes de setembro e a partires do luns día 3, de 10 a 14 horas. Lembrámoslles a recomendación de esperar a empregar o vale ata saber que material recomenda o/a mestre/a titor/a. Lembramos tamén que o vale de material pode empregarse para os activity books.

Insistimos en non mercar os libros de Relixión Católica nin valores ata saber si se van empregar, xa que cambia o mestre de Relixión Católica.

O reparto de libros de Fondolibros e Banco de libros da ANPA farao o/a titor/a a comezos das clases o día 12 de setembro ou posteriores. Pode darse o caso de que o banco de libros aumente a comezos de setembro, polo que si ten que mercar algún sería bo esperar a saber a disponibilidade dos mesmos no centro a comezos de setembro, xa que se repartirán por sorteo os que aparezan.

 

BO VERÁN



page | by Dr. Radut