Skip to Content

PALABRA DO ANO 2023

Ola!

A continuación déixovos a razón pola que a Real Academia Galega, decidiu promover esta idea coa que podemos participar todos e todas. 

"Por que promovemos esta idea? A lingua é o espello do que somos, do que queremos ser, do que nos ocupa e nos preocupa en cada momento a cadaquén, a todos e todas como sociedade. O lugar onde as palabras existen con máis intensidade é a actualidade, ese día a día compartido no que, como tan claro nos queda nestes tempos pandémicos, o público e o privado conflúen, por iso escoller unha Palabra do Ano significa tomar ao mesmo tempo conciencia do valor da lingua e do que designan as palabras que eliximos e creamos.

Decidir colectivamente cal é a palabra que identifica o ano que remata é tamén un xeito de resumirnos como o vivimos. No bo ou no malo. E o mesmo unha maneira de redimírmonos daquilo que se quere deixar atrás. Ou unha forma de agredecer e bo e de buscar acougo. Vós decidides. Vós tendes a palabra."

Tendo en conta que este ano o Proxecto do Centro é As comunidades autónomas, a palabra podería estar relacionado co tema. Desde Dinamización Lingüística propoñemos a palabra Veciñanza. 

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR. SÓ TEDES QUE IR A ESTA LIGAZÓN E METER A PALABRA QUE MERECE SER GAÑADORA: 

https://portaldaspalabras.gal/palabradoano/

SE TEDES PROBLEMAS COA RUTA DA LIGAZÓN PODEDES COPIALA E PEGALA NO NAVEGADOR OU SIMPLEMENTE INTRODUCIR NO BUSCADOR PALABRA DO ANO 2023

 



blog | by Dr. Radut