CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL sticky icon

CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL.

 De conformidade co establecido na Resolución do 20 de setembro de 2021 da Consellería de Cultura, Educación e Universidade (DOG, 29 de setembro de 2021), realizarase proximamente neste Centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Colexio.

 A Organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto, e integrada por:

  • O Director ou directora do Centro.
  • Un profesor ou profesora.

  • Un pai ou nai ou titor legal.

  • Un representante do persoal de administración e servizos.

 Os tres últimos serán designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto). Dito sorteo, que será público e no que se preverá a designación de membros suplentes, celebrarase neste Centro o próximo día 27 mércores ás 11:45 horas.

 Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar as súa candidatura para formar parte do novo consello Escolar deberán seguir as instrucións que figurarán nas distintas convocatorias que proximamente se farán públicas pola Xunta Electoral do Centro.

 

ABALARMÓBIL sticky icon

Como descargar a aplicación AbalarMóbil

 AbalarMóbil é unha aplicación que se pode instalar tanto no teléfono móbil como nunha tablet, e que permite ás familias consultar a información de calquera dos seus fillos a través destes dispositivos.

 A descarga desta aplicación faise dende Apple store (se o sistema operativo é IOS) ou dende Play Store (se o sistema operativo é Android).

 * A aplicación AbalarMóbil vai asociado ao número de teléfono móbil que consta no expediente do alumn@. Polo que se o teléfono no esta actualizado a aplicación non funciona.

 * Mais información no arquivo adxunto.

 Que facer se a aplicación AbalarMóbil non funciona.

 Comprobar que os teléfonos no expediente do nen@ e correcto (En administración do centro)

 

Administración

 

PRAZO EXTRAORDINARIO PARA A ALTA, REXISTRO E A CONTRATACIÓN A TRAVÉS DA APP COLECHEF DOS SERVIZOS DE MADRUGADORES E DE COMEDORES ESCOLARES PARA O MES DE SETEMBRO. sticky icon

Poñemos no seu coñecemento que dende hoxe ata o domingo, 12 de setembro ás 16h. as familias que non teñan solicitados os servizos de madrugadores e comedores para o mes de setembro na APP Colechef e que o necesiten, poderán contratar estes servizos para o mes de setembro.


É importante que teñades en conta que non é suficiente estar inscrito como solicitante de beca (en servizos sociais) ou solicitante de comedor (no Departamento de Educación)se non está dado de alta, rexistrado e contratado os servizos na APP ColeChef. Rematado este proceso na APP, recibirán como resultado unha mensaxe no correo electrónico facilitado na citada plataforma.

Toda a información sobre o proceso de matrícula nos servizos de madrugadores e de comedores está disponible na web municipal www.santiagodecompostela.gal <http://www.santiagodecompostela.gal/> pero tamén o achegamos en documento adxunto para facilitar a súa difusión.

 

SERVIZO DE COMEDOR E MADRUGADORES sticky icon

- INFORMACIÓN XERAL PARA AS FAMILIAS INSCRITAS NOS SERVIZOS-

 
O Concello de Santiago de Compostela poñerá en marcha mañá, 9 de setembro de 2021 o servizo de comedores e madrugadores nos seguintes centros de ensino públicos: Apostólo Santiago, Quiroga Palacios, As Fontiñas, Roxos-Villestro, Vite, Mestre Rodríguez Xixirei (Lavacolla), Monte dos Postes, Raíña Fabiola, Ramón Cabanillas e no caso do CEIP Arquitecto Casas Novoa, só o servizo de madrugadores.

O servizo de comedores e madrugadores está organizado polo concello de Santiago de Compostela no marco do Convenio de colaboración coa Consellería de Educación para prestar un servizo ás familias con menores a cargo, que favoreza a conciliación da vida laboral, familiar e persoal, e a adquisición de valores e hábitos saudables desde a infancia.


PRIMEIRO DÍA DE COLE sticky icon

ENTRADAS E SAÍDAS.
 
Como o pasado curso as entradas e saídas faranse por distintas portas e escalonadamente. Recordamos que o alumnado de Educación Primaria accederá só ao centro e o de Educación Infantil poderá entrar acompañado por un adulto ata súa porta.
 
O alumnado será guiado no seu percorrido polo centro ata a súa aula.
 
Na saída sucederá o mesmo, o alumnado de Educación Primaria será acompañado ata a porta por un mestre/a e o alumnado de Educación Infantil será recollido na súa porta de saída.
 
 


 
NORMAS COVID-19
No presente cursos segue vixente, segundo o PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN A CONTEXTO DA COVID-19 a obrigatoriedade das familias de realizar a enquisa de autoavaliación diaria da posible sintomatoloxía COVID 19.
 
Lembramos a necesidade de que todo o alumnado leve máscara e unha de reposto, non estoxo, dentro da súa mochila.

Grazas.

INFORMACIÓN PARA A REUNIÓN DO PERÍODO DE ADAPTACIÓN PARA OS NENOS/AS DE 3 ANOS. sticky icon

O próximo Luns 6  ás 10:00 horas está prevista a reunión do período de adaptación para os nenos/as de 3 anos.

Deberán acceder ao centro pola porta do patio (estará indicada con carteis) e as titoras chamaran ao proxenitor/a polo nome do/a neno/a. Lémbrase que deberá acceder só un dos proxenitores sen a compaña do/a neno/a.

INFORMACIÓN PARA O ALUMNADO DE 1º, 3º E 5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA. sticky icon

1º Educación Primaria.

 A titora poñerase en contacto cos pais

 

3º e 5º de Educación Primaria.

 Para comprobar o curso no que están matriculados teñen que dirixirse á aula virtual do centro que está dispoñible no enderezo https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcardealquiroga/aulavirtual/login/index.php

Todo o alumnado do centro ten un usuario creado e está matriculado nos cursos correspondentes. Se xa tiña credenciais de acceso o curso pasado, conserva o mesmo nome de usuario e contrasinal.

No caso de non telas:

- O usuario é o primeiro nome e o primeiro apelido en minúsculas, sen espazo ou tíl, tendo en conta que o ñ cambia polo n.

 Exemplo: Dana Saíñas;

 Usuario:danasainas;

 contrasinal: 1234 (pedirá cambio no primeiro aceso).

 Para calquera incidencia relacionada co acceso á aula virtual, escriban un correo a ticsquirogapalacios@gmail.com indicando nome, apelidos e curso do alumno/a, asi como unha pequena explicación da problemática.

 

INFORMACIÓN SOBRE A ENTREGA DOS VALES E LIBROS DE TEXTO DO PROGRAMA FONDO LIBROS. sticky icon

Para unha mellor organización a entrega farase na Secretaría do centro. Os días de recollida serán os seguintes en horario de 10:00 a 13:30:

 

3º Educ. Primaria, xoves 2 de setembro.


4º Educ. Primaria, venres 3 de setembro.


5º e 6º Educ. Primaria, luns 6 de setembro.

 

LISTADO DEFINITIVO DE FONDO SOLIDARIO DE LIBROS CURSO 21/22 sticky icon

Publícanse no taboleiro interior do centro, con data de hoxe, as listaxes definitivas do Fondo Solidario de Libros para o vindeiro curso 2021/2022.

 O calendario de entrega dos vales será o seguinte:

- Xoves 8 de xullo --> 1º Educación Primaria.

- Venres 9 de xullo --> 2º Educación Primaria.

En setembro entregaranse o resto dos vales e os libros adxudicados.

Administración

LISTADO PROVISONAL DE FONDO SOLIDARIO DE LIBROS CURSO 21/22 sticky icon

Publícanse con data de hoxe as listaxes provisionais do Fondo Solidario de Libros para o vindeiro curso 2021/2022, no taboleiro interior do centro.

Segundo a orde do 6 de maio de 2021 no seu artigo 19.1.2ª.c) as persoas interesadas poderán reclamar no dous (2) días seguintes ao da publicación da listaxe provisional.

Prazo de reclamación: 5 e 6 de xullo (inclusive).

Administración

 

 

Fondo Libros curso 2024-25

Fondo Libros curso 2024/2025

Listado provisional.

Listado definitivo.

Entrega Vales para 1º e 2º EP.

Libros e material escolar 23-24

 

Libros de texto

Material

(Listaxe a proporciona o titor/a)

 

 

Punto Laranxa contra o acoso escolar

EDLG  QUIROGA PALACIOS

 AbalarMóbil

Portada

ANPA ATHENEA