LISTA DEFINITIVA E ENTREGA DE VALES FONDO LIBROS PARA 1º E 2º EP sticky icon

 

A listaxe definitiva de Fondo Libros, poderase consultar dende mañá na Secretaría do Centro en horario de 10:00 a 13:00h

 

ENTREGA DE VALES:

 

- 1º e 2º EP: Farase entrega dos vales nos días 15 e 18 deste mes en horario de 10 a 13:00h.

No caso de non poder recollelos nestes días poderán recollerse nos primeiros días de setembro.

 

- 3º, 4º EP: Farase entrega dos vales e dos libros en setembro (publicaranse as datas de entrega a primeiros de setembro)

 

 -5º e 6º: Farase entreda dos vales en setembro (publicaranse as datas de entrega a primeiros de setembro)

 

 Dirección.

 

 

LISTADO PROVISIONAL DE FONDO SOLIDARIO DE LIBROS - CURSO 22/23 sticky icon

Publícanse con data de hoxe as listaxes provisionais do Fondo Solidario de Libros de Texto, para o vindeiro curso 2022-23, no taboleiro interior do centro.

Prazo de reclamación: 12 e 13 de xullo.

MODIFICACIÓN DOS LIBROS DE TEXTO PARA 1º EP PARA O CURSO 2022-2023 sticky icon

Modificación dos ISB dos libros de Lingua e Lengua de 1º de Educación Primaria

 

Disculpen as molestias

Administración.

FORMALIZACIÓN MATRICULA PARA O NOVO ALUMNADO CURSO 2022-2023 sticky icon

O prazo para a formalización da matrícula do alumnado admitido no vindeiro curso 2022/2023 comezará o luns 20 e rematará xoves 30 de xuño (ambos incluídos)

 Achéganse os seguintes arquivos:

 1. Solicitude Matricula.

 2. Autorización para recoller ao alumn@

3. Solicitude Transporte Escolar.

    3.1. Información ruta e paradas do Bus Escolar.

 4. Tríptico (soamente para o alumnado de 4º infantil)

5. Nota informativa

 

Administración

 

INFORMACIÓN SOBRE A RECOLLIDA DE LIBROS DE 3º E 4º DE EP DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS sticky icon

Os libros do Fondo Solidario recolleranse na Secretaría do centro os días:

 3º EP: 21 de xuño de 2021, en horario de 9:30 a 14:00 h

4º EP: 22 de xuño de 2021, en horario de 9:30 a 14:00 h

 

Administración

 

CONVOCATORIA DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O ALUMNADO DE PRIMARIA, ESO E EDUCACIÓN ESPECIAL PARA O CURSO ESCOLAR 2022/23 sticky icon

Orde do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23 (código de procedemento ED330B).

  • O prazo para presentar as solicitudes é dende o 19 de maio ao 22 de xuño de 2022 ambos inclusive.

  • Será necesario presentar, unha única solicitude por familia para irmás escolarizados no mesmo educativo.

 

NOTA:  O alumnado que cursa 6º EP, deberá solicitala no IES onde se fixo a reserva para o vindeiro curso 2022/23.

 

Arquivos que se adxunta:

 * Anexo I. (Solicitude)

 * Anexo II. (Comprobación de datos dos membros computables da unidade Familiar)

 * Documentación complementaria necesaria para tramitar o procedemento.

 

RESERVA E SOLICITUDE NO SERVIZO DE TRANSPORTE ESCOLAR PARA O VINDEIRO CURSO 2023-24 sticky icon

Os usuarios do servizo de transporte escolar deberán renovar a solicitude deste servizo, así como os novos usuarios que o desexen para o vindeiro curso escolar 2023-24.

Deberán cubrir e entregar o impreso de solicitude na Secretaría do Centro antes do 16 de xuño de 2023 (pódese entregar unha vez firmado a través do nen@).

No caso de non entregalo entenderase que renuncia ao servizo de transporte escolar.

A Dirección do centro

 

 

PUBLICACIÓN DAS LISTAS DEFINITIVAS DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2022/2023. sticky icon

Publícanse as listas definitivas de admisión de alumnado para o curso 2022/2023. Están dispoñibles para ser consultadas no interior do centro.

 No mes de xuño publicarase na páxina web do centro a documentación necesaria para formalizar a matrícula.

A Dirección

 

 

Convocatoria de Bolsas de comedor escolar, adquisición de material escolar e actividades extraescolares (curso 22-23) do Concello. sticky icon

A Xunta de Goberno Local, na sesión extraordinaria celebrada o 27 de abril de 2022, acordou convocar as axudas destinadas á concesión de bolsas de comedor, adquisición de material escolar e realización de actividades extraescolares para o alumnado dos centros docentes públicos e concertados sostidos con fondos públicos de Educación Infantil (segundo ciclo) e de Educación Primaria Obrigatoria do Concello de Santiago de Compostela, para o curso 2022/2023. Mais información

As solicitudes presentaranse no prazo de 10 días hábiles contados a partir do seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

 Documentos relacionados

Direccións relacionadas

 

Aprobada a convocatoria de bolsas de comedor, adquisición de material escolar e realización de actividades extraescolares. sticky icon

 

27/04/2022. A Xunta de Goberno Local, reunida en sesión extraordinaria, aprobou hoxe a "Convocatoria de bolsas de comedor, adquisición de material escolar e realización de actividades extraescolares para o alumnado dos centros docentes públicos e concertados sostidos con fondos públicos de educación infantil (segundo ciclo) e de educación primaria obrigatoria do Concello de Santiago de Compostela, para o curso escolar 2022/2023". Máis información.

 

Fondo Libros curso 2024-25

Fondo Libros curso 2024/2025

Listado provisional.

Listado definitivo.

Entrega Vales para 1º e 2º EP.

Libros e material escolar 24-25

 

Libros de texto

Material

(Listaxe a proporciona o titor/a)

 

 

Punto Laranxa contra o acoso escolar

EDLG  QUIROGA PALACIOS

 AbalarMóbil

Portada

ANPA ATHENEA