RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR 2022 sticky icon

 

CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL.

 De conformidade co establecido na Resolución do 19 de setembro de 2022,da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG, N. 187 do30 de setembro de 2022), realizarase proximamente neste Centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Colexio.

 A Organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto, e integrada por:

 O Director ou directora do Centro.

  • Un profesor ou profesora.

  • Un pai ou nai ou titor legal.

  • Un representante do persoal de administración e servizos.

 Os tres últimos serán designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto). Dito sorteo, que será público e no que se preverá a designación de membros suplentes, celebrarase neste Centro o próximo mércores 2 de novembro ás 12:10 horas.

 Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar as súa candidatura para formar parte do novo consello Escolar deberán seguir as instrucións que figurarán nas distintas convocatorias que proximamente se farán públicas pola Xunta Electoral do Centro.

 

Dirección

 

 

PUBLICACIÓN DA PXA PARA O CURSO 2022-2023. sticky icon

A PXA inclúe no seu Anexo as seguintes programacións:

 

I.- PLAN DE INTEGRACIÓN DAS TIC.

II.- PLAN DIXITAL

III.- PROA+

IV. PLAN DE ACTIVIDADES PALANCA

V.- PLAN DE RECUPERACIÓN

VI.- PLAN XERAL DE AVALIACIÓN DO CENTRO

VII.- PLAN DE IGUALDADE

VIII.- PLAN DE CONVIVENCIA

IX.– PLAN DE AUTOPROTECCIÓN

 

PXA curso 2022-2023

 

CONCESIÓN DIRECTA DA AMPLIACIÓN DA AXUDA PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR DO CURSO 2022-23 sticky icon

RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 2022 de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar, regulada na Orde do 29 de abril de 2022.

 

Persoas Beneficiarias:

Na resolución establécese que os beneficiarios do vale para adquirir material escolar por importe de 50€ recibirán un vale adicional de 25€

Importante:

O vale debe empregarse preferentemente na libraría/establecemento antes do 1 de decembro de 2022.

Recollida de vales:

Os vales poderán ser recollidos na Secretaría do centro en horario de 9:00h a 14:00h de luns a venres, a partires do 18 de outubro.

Administración.

 

 

INFORMACIÓN TRANSPORTE ESCOLAR CURSO 22-23 sticky icon

Estimadas familias:

 

Mañá comezará o servizo de transporte escolar sen cambios; mesmos horarios e obligatoriedade do uso de máscara no interior do bus.

 

Por ser o primeiro día rogamos estean un pouco antes nas paradas, tanto nas entradas coma nas saídas, por mor das posibles incidencias do tráfico.

 

 Secretaría

 

 

PRIMEIRO DÍA DE COLE sticky icon

ENTRADAS E SAÍDAS.

As entradas e saídas faranse por distintas portas e escalonadamente. Recordamos que o alumnado de Educación Primaria accederá só ao centro e o de Educación Infantil poderá entrar acompañado por un adulto o primeiro día de clase.

Na saída sucederá o mesmo, o alumnado de Educación Primaria será acompañado ata a porta por un mestre/a e o alumnado de Educación Infantil será recollido na súa porta de saída.

 

Presentación Tecnología Azul Elementos Isométricos y Modelos Tecnología en la Educación de piferblan

INFORMACIÓN DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA DO SERVIZOS DE COMEDOR E MADRUGADORES PARA O CURSO 2022-23. sticky icon

APERTURA DOS PRAZOS DE MATRÍCULA NOS SERVIZOS DE COMEDOR E DE MADRUGADORES NA REDE DE CENTROS PÚBLICOS DE EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA PARA O CURSO 2022-2023. Para máis información pulse aqui.

 

Nueva App de gestión del servicio de comedor. – CEIP Playa Blanca

- Información da APP COLECHEF

- Información sobre os prazos e procedementos.

- Impreso de Matricula.

 

Administración.

 

NOTIFICACIÓN PARA O ALUMNADO DE 4º EP. sticky icon

A todo o alumnado de 4º EP faráselle entrega dos seguintes libros de préstamo:

 

 - Matemáticas

 - Lingua

 - Lengua

 - Ciencias da Natureza.

 - Ciencias Sociais.

 

 Terán que vir recollelos o 6 de setembro de 2022 en horario de 9:30 a 13:30 h

 

 Dirección

 

 

ABALARMÓBIL sticky icon

Como descargar a aplicación AbalarMóbil

 AbalarMóbil é unha aplicación que se pode instalar tanto no teléfono móbil como nunha tablet, e que permite ás familias consultar a información de calquera dos seus fillos a través destes dispositivos.

 A descarga desta aplicación faise dende Apple store (se o sistema operativo é IOS) ou dende Play Store (se o sistema operativo é Android).

 * A aplicación AbalarMóbil vai asociado ao número de teléfono móbil que consta no expediente do alumn@. Polo que se o teléfono no esta actualizado a aplicación non funciona.

 * Mais información no arquivo adxunto.

 Que facer se a aplicación AbalarMóbil non funciona.

 Comprobar que os teléfonos no expediente do nen@ e correcto (En administración do centro)

 

Administración

 

ENTREGA DE VALES E LIBROS DE TEXTO sticky icon

- 1º e 2º EP: Farase entrega dos vales pendentes o día 2 de setembro en horario de 9:30 a 13:30 h.

- 3º EP: Farase entrega dos vales e dos libros o día 5 de setembro en horario de 9:30 a 13:30 h.

- 4º EP: Farase entrega dos vales e dos libros o día 6 de setembro en horario de 9:30 a 13:30 h.

- 5º e 6º: Farase entreda dos vales o día 7 de setembro en horario de 9:30 a13:30 h.

 

Dirección.

 

Fondo Libros curso 2024-25

Fondo Libros curso 2024/2025

Listado provisional.

Listado definitivo.

Entrega Vales para 1º e 2º EP.

Libros e material escolar 24-25

 

Libros de texto

Material

(Listaxe a proporciona o titor/a)

 

 

Punto Laranxa contra o acoso escolar

EDLG  QUIROGA PALACIOS

 AbalarMóbil

Portada

ANPA ATHENEA