LISTA DEFINITIVA E ENTREGA DE VALES FONDO LIBROS PARA 1º E 2º EP
A listaxe definitiva de Fondo Libros, poderase consultar dende mañá na Secretaría do Centro en horario de 10:00 a 13:00h
ENTREGA DE VALES:
- 1º e 2º EP: Farase entrega dos vales nos días 15 e 18 deste mes en horario de 10 a 13:00h.
No caso de non poder recollelos nestes días poderán recollerse nos primeiros días de setembro.
- 3º, 4º EP: Farase entrega dos vales e dos libros en setembro (publicaranse as datas de entrega a primeiros de setembro)
-5º e 6º: Farase entreda dos vales en setembro (publicaranse as datas de entrega a primeiros de setembro)
Dirección.
LISTADO PROVISIONAL DE FONDO SOLIDARIO DE LIBROS - CURSO 22/23
Publícanse con data de hoxe as listaxes provisionais do Fondo Solidario de Libros de Texto, para o vindeiro curso 2022-23, no taboleiro interior do centro.
Prazo de reclamación: 12 e 13 de xullo.
MODIFICACIÓN DOS LIBROS DE TEXTO PARA 1º EP PARA O CURSO 2022-2023
Modificación dos ISB dos libros de Lingua e Lengua de 1º de Educación Primaria
Disculpen as molestias
Administración.
FORMALIZACIÓN MATRICULA PARA O NOVO ALUMNADO CURSO 2022-2023
O prazo para a formalización da matrícula do alumnado admitido no vindeiro curso 2022/2023 comezará o luns 20 e rematará xoves 30 de xuño (ambos incluídos)
Achéganse os seguintes arquivos:
1. Solicitude Matricula.
2. Autorización para recoller ao alumn@
3. Solicitude Transporte Escolar.
3.1. Información ruta e paradas do Bus Escolar.
4. Tríptico (soamente para o alumnado de 4º infantil)
5. Nota informativa
Administración
INFORMACIÓN SOBRE A RECOLLIDA DE LIBROS DE 3º E 4º DE EP DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS
Os libros do Fondo Solidario recolleranse na Secretaría do centro os días:
3º EP: 21 de xuño de 2021, en horario de 9:30 a 14:00 h
4º EP: 22 de xuño de 2021, en horario de 9:30 a 14:00 h
Administración
CONVOCATORIA DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O ALUMNADO DE PRIMARIA, ESO E EDUCACIÓN ESPECIAL PARA O CURSO ESCOLAR 2022/23
Orde do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23 (código de procedemento ED330B).
-
O prazo para presentar as solicitudes é dende o 19 de maio ao 22 de xuño de 2022 ambos inclusive.
-
Será necesario presentar, unha única solicitude por familia para irmás escolarizados no mesmo educativo.
NOTA: O alumnado que cursa 6º EP, deberá solicitala no IES onde se fixo a reserva para o vindeiro curso 2022/23.
Arquivos que se adxunta:
* Anexo I. (Solicitude)
* Anexo II. (Comprobación de datos dos membros computables da unidade Familiar)
* Documentación complementaria necesaria para tramitar o procedemento.
RESERVA E SOLICITUDE NO SERVIZO DE TRANSPORTE ESCOLAR PARA O VINDEIRO CURSO 2023-24
Os usuarios do servizo de transporte escolar deberán renovar a solicitude deste servizo, así como os novos usuarios que o desexen para o vindeiro curso escolar 2023-24.
Deberán cubrir e entregar o impreso de solicitude na Secretaría do Centro antes do 16 de xuño de 2023 (pódese entregar unha vez firmado a través do nen@).
No caso de non entregalo entenderase que renuncia ao servizo de transporte escolar.
A Dirección do centro
PUBLICACIÓN DAS LISTAS DEFINITIVAS DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2022/2023.
Publícanse as listas definitivas de admisión de alumnado para o curso 2022/2023. Están dispoñibles para ser consultadas no interior do centro.
No mes de xuño publicarase na páxina web do centro a documentación necesaria para formalizar a matrícula.
A Dirección
Convocatoria de Bolsas de comedor escolar, adquisición de material escolar e actividades extraescolares (curso 22-23) do Concello.
A Xunta de Goberno Local, na sesión extraordinaria celebrada o 27 de abril de 2022, acordou convocar as axudas destinadas á concesión de bolsas de comedor, adquisición de material escolar e realización de actividades extraescolares para o alumnado dos centros docentes públicos e concertados sostidos con fondos públicos de Educación Infantil (segundo ciclo) e de Educación Primaria Obrigatoria do Concello de Santiago de Compostela, para o curso 2022/2023. Mais información
As solicitudes presentaranse no prazo de 10 días hábiles contados a partir do seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.
Documentos relacionados
Direccións relacionadas
Aprobada a convocatoria de bolsas de comedor, adquisición de material escolar e realización de actividades extraescolares.
27/04/2022. A Xunta de Goberno Local, reunida en sesión extraordinaria, aprobou hoxe a "Convocatoria de bolsas de comedor, adquisición de material escolar e realización de actividades extraescolares para o alumnado dos centros docentes públicos e concertados sostidos con fondos públicos de educación infantil (segundo ciclo) e de educación primaria obrigatoria do Concello de Santiago de Compostela, para o curso escolar 2022/2023". Máis información.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »