CALENDARIO PARA A RESERVA DE PRAZA EN CENTRO SOSTIDO CON FONDOS PUBLICOS. sticky icon

Procedemento ED550A.

RESERVA DE PRAZA en centro docente sostido con fondos públicos.(SOAMENTE E VÁLIDO PARA A RESERVA NO IES EDUARDO PONDAL)

Prazo

 15/01/2024 - 05/02/2024

 O prazo de presentación de solicitudes de reserva (ED550A) comprende entre os días 15 de xaneiro e 5 de febreiro (ambos incluídos).

Lugar de presentación de solicitudes.

Documentación para a presentación

- Solicitude segundo o Anexo I da Orde.

- Anexo I-bis (Comprobación de datos e consentimento da outra persoa proxenitora, titora ou acolledora).

- Documento acreditativo da representación, de selo caso.

- Copia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o/a alumno/a e as persoas proxenitoras.

- Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento, de selo caso.

Comprobación de datos .

Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente do Anexo e achegar unha copia dos documentos.

- DNI/NIE da persoa solicitante.

- DNI/NIE da persoa representante

 

Formularios .

 - Solicitude en Galego.

- Solicitude en Castelan.

 

RESULTADO DAS VOTACIÓNS A RENOVACIÓN AO CONSELLO ESCOLAR 22-23 sticky icon

Trala da votación celebrada o pasado 28 de novembro as persoas elixidas foron:

- Noelia Negreira Ferrol.

- Cristina Andreetti.

 

A Dirección do Centro.

 

 

 

CIRCULAR INFORMATIVA ÁS VOTACIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR sticky icon

De acordo coa Convocatoria, o próximo día 28 luns en horario de 16:30 a 18:30 horas, celébrase neste Centro a votación para a elección de representantes dos pais, nais ou titores legais do alumnado no Consello Escolar do Colexio. Para participar na referida votación, tal como se sinalaba na citada Convocatoria, procederase da seguinte forma:

1º.- Quen pode votar.

Teñen dereito a votar todos os pais, nais ou titores legais do alumnado matriculado no Centro que figure no Censo que ao efecto aprobou a Xunta Electoral, tras a súa exposición pública regulamentaria. Tal dereito corresponde ao pai á nai ou titor legal, podendo exercer este dereito ámbolos dous proxenitores.

 2º.- Modo de emitir o voto.

a) O voto será directo, secreto e non delegable.

b) Os modelos de papeletas da votación serán, obrigatoriamente, os previamente fixados pola Xunta Electoral do Centro, dos que haberá cantidade suficiente no local da votación.

c) Nas referidas papeletas figurarán os nomes dos candidatos, por orde alfabético de apelidos, e cada elector deberá marcar cunha cruz un nome das candidatas ou candidatos relacionados, debendo acreditar a súa personalidade, no momento de votar, mediante a exhibición do D.N.I. ou documento similar.

d) Finalizada a votación procederase ao acto do escrutinio dos votos, que será público, e unha vez realizado levantarase a correspondente acta.

A dirección deste Colexio anima a todos os pais, nais e titores legais do alumnado a que participen na votación do próximo luns, como unha forma máis de colaboración na organización do Centro, a fin de conseguir a máxima representatividade posible de pais e nais no Consello Escolar.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2022

 

A DIRECTOR/A DO CENTRO,

 

 

PUBLICACIÓN DA RELACIÓN DE PERSONAS CANDIDATAS A RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR. sticky icon

Unha vez finalizado o prazo de presentación de candidaturas para a elección dos representantes de nais, pais e/ou titores legais do alumnado no CONSELLO ESCOLAR do Centro, segundo convocatoria do 2 do mes en curso, a XUNTA ELECTORAL deste Colexio fai pública a relación de nomes das persoas candidatas que se presentan á referida elección, segundo se indica de seguido por orde alfabético de apelidos:

  1. Andreetti, Cristina

  2. Conde Santos, Santiago

  3. del Aguila Gonzalez-Outón, Mª Paola

  4. di Pietro, Pamela Marilin Vanesa

  5. Monteagudo Dominguez, Gumersindo

  6. Noelia Negreira Ferrol.

  7. Rial Aldao, Alejandra

  8. Vilar Ameijeiras, María Carmen

Segundo o establecido no artigo 41 do Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG do 21) corresponde elixir no presente proceso electoral a dous pais/nais, dun total de cinco que debe ter o Consello Escolar. Os outros tres representantes de pais continúan como consecuencia da súa elección anterior no ano 2021

Segundo o punto 5º da Convocatoria de elección de nais, pais ou titores legais para o Consello Escolar do 2 de novembro, a campaña electoral comprenderá dende o 22 ao 27 de novembro, ambos días inclusive.

As votacións terán lugar o vindeiro día 28 de novembro entre as 16:30 e 18:30 h, no centro escolar.

O que se fai público para xeral coñecemento.

A Directora do Centro

Presidenta da Xunta Electoral

COMEZA O PRAZO PARA PRESENTACIÓN DE CANDIDADURAS AO CONSELLO ESCOLAR. sticky icon

Ábrese o prazo para presentación das candidaturas para pais/nais/titores e profesorado para a renovación do consello escolar.

As candidaturas deberán ser presentadas na Secretaría do cento ata as 14:00h do 18 de novembro.

Modelo de candidatura

A dirección

CONVOCATORIA ELECCIÓNS AO CONSELLO DE NAIS, PAIS E TITORES sticky icon

De acordo coa Resolución do 19 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros de educación non universitaria (DOG , n. 187 do 30 de setembro de 2022), a XUNTA ELECTORAL deste Centro, en virtude das atribucións que lle son conferidas pola lexislación vixente, dispón a convocatoria de eleccións ao Consello Escolar, SECTOR DE PAIS E NAIS DO ALUMNADO,

A Dirección.

 

 

CONVOCATORIA ELECCIÓN DE REPRESENTANTES DO PROFESORADO AO CONSELLO ESCOLAR 2022 sticky icon

De acordo coa Resolución do 19 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros de educación non universitaria (DOG , n. 187 do 30 de setembro de 2022), a Xunta Electoral deste Centro, en virtude das atribucións que lle son conferidas pola lexislación vixente, dispón a convocatoria de eleccións ao Consello Escolar,SECTOR DE PROFESORES

A Dirección.

 

 

Fondo Libros curso 2024-25

Fondo Libros curso 2024/2025

Listado provisional.

Listado definitivo.

Entrega Vales para 1º e 2º EP.

Libros e material escolar 24-25

 

Libros de texto

Material

(Listaxe a proporciona o titor/a)

 

 

Punto Laranxa contra o acoso escolar

EDLG  QUIROGA PALACIOS

 AbalarMóbil

Portada

ANPA ATHENEA