Novas_COVID

ACTUALIZACIÓN PROTOCOLO PLAN ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID-19 NO CURSO 2020-2021

Enviado por admin o Xov, 01/10/2020 - 15:50

 

CLICANDO NO ADXUNTO PÓDESE VER A ACTUALIZACIÓN DO PROTOCOLO

"PLAN ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID-19".

DATA ACTUALIZACIÓN 08/02/2021

( categories: )

NOVO PLAN DE ADAPTACIÓN COVID-19 E ENQUISA DE AUTOAVALIACIÓN

Enviado por admin-contidos o Xov, 24/09/2020 - 19:27

 

Tras a resolución conxunta, de data 22 de setembro de 2020, das Consellerías de Cultura, Educación e Universidade e de Sanidade  aprobase a actualización do “Protocolo de adaptación ao contexto da covid 19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020-2021”.

Pódese ver o novo protocolo e a enquisa de autoavaliación, con indicacións e aclaracións da mesma, clicando nos adxuntos.

 

( categories: )

PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID 19 NO CURSO 20-21

Enviado por admin-contidos o Xov, 03/09/2020 - 18:08

 

 

Benqueridas familias.

O Equipo Docente traballou na elaboración do protocolo adaptado ao noso centro Ceip Carballal-Cabral que presentou ao Consello Escolar o 3 de setembro.

Está basado no PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID 19 publicado pola Conselleria de Educación.

 

Este plan irá engadindo as novedades que incorporen as Consellerias de Educación e Sanidade.

Non é un documento pechado.

 

 A finalidade do mesmo é garantir a seguridade de alumnado, persoal docente, non docente e ás familias, dado que manter a seguridade nos centros depende de toda a comunidade educativa.

 

Para coñecer en detalle o noso Plan de adaptación á situación COVID19 no curso 2020-2021, clicade no adxunto

 

 

 

 

( categories: )

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS

Enviado por admin-contidos o Lun, 13/04/2020 - 13:53

 

Prezadas familias.

Contamos con que todas esteades ben. Xa falta menos para poder disfrutar de todos xuntos!!!

Comentarvos que aínda non temos novas instrucións de como vai seguir o curso, ata este momento.

Recordarvos , que polo de agora:

  • O curso non rematou.
  • Continuaremos con pequenas tarefas de repaso, actividades lúdicas, on-line que atoparedes nos blogs, aulas virtuais...

En canto teñamos algunha instrucción, xa vos informamos.

Moito ánimo!!

( categories: )

O COLE ESTÁ A ESPERARVOS!!!

Enviado por admin-contidos o Dom, 05/04/2020 - 14:00

( categories: )

"APRENDEMOS EN CASA"

Enviado por admin-contidos o Dom, 22/03/2020 - 18:29

 

Con motivo da crise do coronavirus o Ministerio de Educación e FP e RTVE lanzan 'Aprendemos en casa' para facilitar a aprendizaxe de todo o alumnado durante a suspensión de clases presenciais. Esta programación ponse  en marcha a partir do luns 23 de marzo.

Trátase dunha programación especial de cinco horas diarias de contidos educativos que se emitirá en aberto durante as mañás, de luns a venres, en Clan TV e na 2 de TVE.

Esta nova programación trata de ser unha axuda  para os menores e as súas familias. Así, ademais de incluír contidos relacionados coas áreas de coñecemento, traballará competencias emocionais para mellorar a convivencia familiar e facer máis eficaz e ameno o proceso educativo. Cada bloque temático incluirá contidos que reforcen a actividade 

A parrilla da programación é:                                                                                     

Para máis información podedes clicar no siguinte enlace do Ministerio. (Preme na Imaxe "aprendemos en casa)

PODES ACCEDER AOS VÍDEOS EDUCATIVOS EN EduClan (Preme na imaxe) ou ben no canal TV de Clan televisión.

 

 

( categories: )
Distribuir contido