Enviado por admin-contidos o Lun, 07/03/2022 - 18:27
Como cada ano, o pasado venres 25 de febreiro, celebramos no noso Colexio, a festa de Entroido. Que como todas a últimas festas dende que chegou o COVID, non puideron vir a vernos as familias.
Pois xa está aquí o video para que todas poidan disfrutar de vernos bailar cos nosos fantásticos traxes de Entroido.
Enviado por admin-contidos o Mar, 30/11/2021 - 20:00
Patios Dinámicosé unha estratexia educativa inclusiva que traza liñas de actuación en torno ao xogo utilizando o recreo escolar como contexto do desenvolvemento. E que ten a peculiaridade de ser un programa adaptábel a cada centro educativo e ás características persoais do alumnado.
Enviado por admin-contidos o Mar, 23/11/2021 - 20:00
O pasado 24 de novembro os cursos 2°, 3°, 4°, 5° e 6° de primaria desprazáronse ata o recinto ferial de Zamáns para desfrutar dunha xornada de Campo a través competindo con outros centros escolares da zona. A experiencia foi moi positiva: o alumnado disfrutou das carreiras e da animación do entorno. Agardamos repetir o vindeiro curso!!
Enviado por admin-contidos o Ven, 29/10/2021 - 20:00
A semana do 2 ao 5 de novembro celebramos no colexio a SEMANA DA IGUALDADE NO CARBALLAL, organizada pola ANPA en colaboración co centro. Durante o longo da semana realizáronse diversas actividades con tódolos grupos de Infantil e Primaria: teatro, contacontos, cine, xogos, charlas…, encamiñadas a traballar a igualdade dende as primeiras idades para conseguir entre todos e todas unha sociedade máis xusta e mellor.