BANCO DE ALIMENTOS - VIGO

Enviado por admin-contidos o Xov, 10/06/2021 - 04:47

O pasado xoves día 3 recibimos a visita de Iván Martínez, vicepresidente do Banco de Alimentos de Vigo.

 

Coa súa visita puidemos coñecer que os bancos de alimentos naceron en EE. UU en 1967 como unha iniciativa privada, concretamente de A. Van Hangel, quen creou en Phoenix ( Arizona) o primeiro Banco de Alimentos . A iniciativa pasou a Canadá e de alí a Francia onde en 1984 xurdiu o primeiro Banco de Alimentos europeo. En España foi en Barcelona a cidade pioneira na que en 1987 estableceuse o primeiro Banco de Alimentos.

Con respecto ao Banco de Alimentos de Vigo, o seu vicepresidente, informounos que a súa principal recollida céntrase en alimentos, pero tamén recollen comida para bebés e cueiros.

Comentounos que a pobreza nos fogares tamén é enerxética, polo que solicitan dos doantes alimentos que xa veñan elaborados, é dicir que os poidan comer en frio ou quentalos moi pouco.

O Banco de alimentos de Vigo repartiu 1.800 toneladas de alimentos en 2019. Ese mesmo ano fíxose unha recollida que alcanzou o 315.000 kg, axudando a 150 colectivos sociais e 25.000 persoas ao día.

Moitas grazas por ensinarnos o gratificante que é traballar polo demáis!!

 

SEAN'S CONCERT

Enviado por admin-contidos o Dom, 30/05/2021 - 19:15

 

Our dear conversation assistant Sean M. Ohanian from Boston (USA), has just finished his work in our School, and because he is a musician,  he did a concert for the kids as a farewell.

You can also enjoy it, just click in the picture and you can go the video.  

 

 

Letras Galegas 2021

Enviado por admin-contidos o Ven, 14/05/2021 - 10:40

No seguinte enlace podedes ver o noso festival do día das Letras Galegas 2021, este ano dedicado a Xelia Arias.

Esperamos que vos guste.

 

OS MAIOS.

Enviado por admin-contidos o Xov, 06/05/2021 - 07:55

 

Igual que fixemos o ano pasado, este ano, convidámosvos a celebrar os maios a distancia.

Facédenos chegar as vosas fotografías.

Clicade na imaxe para coñecer as propostas e a data límite

Grazas pola colaboración.

No cole xa empezamos. Mirade....

 

LETRAS GALEGAS 2021: XELA ARIAS

Enviado por admin-contidos o Xov, 06/05/2021 - 07:46

 

Maio, o mes das flores e das letras, vén vestido de muller, este ano a

homenaxeada nas Letras Galegas é Xela Arias.

 

CLICADE NA IMAXE PARA COÑECER MELLOR A  HOMENAXEADA.

 

 

 

PROGRAMA ESCOLAR DE FOMENTO DE CONSUMO DE FROITAS 2020-2021

Enviado por admin-contidos o Mér, 05/05/2021 - 19:00

FORMÁNDONOS EN EDUCACIÓN VIARIA

Enviado por admin-contidos o Mér, 28/04/2021 - 19:00

5º e 6º de Primaria retomaron a súa formación en Educación Viaria, despois do parón obrigado pola pandemia o curso pasado, con sendas charlas a cargo dun axente da Policía Local de Vigo. Para saber máis preme na imaxe para acceder ao noso blog.

                                     

 

                                                       

PEQUENOS GRANDES ARTISTAS

Enviado por admin-contidos o Mar, 20/04/2021 - 18:14

De mans dos nosos pequenos  grandes artistas comeza un proxecto...

"Entran as cores no noso cole".

Este, é tan só o principio, aínda faltan outras grandes obras

Se queredes ver o proceso clicade aquí.

 

 

8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Enviado por admin-contidos o Xov, 18/03/2021 - 08:20

O pasado luns  8 de marzo conmemoramos no noso cento o Día Internacional da Muller, e os diferentes niveis fixeron diversos traballos para celebrar este día. Premede na imaxe para ver unha mostra:

ENTROIDO

Enviado por admin-contidos o Mar, 23/02/2021 - 06:08

Ainda que foi un entroido diferente pasámolo moi ben e fixérono xenial...

Ciclar na imaxe para ver o vídeo

 

 

E a continuación o vídeo dos pais...

Clicar na imaxe.

 

 

 

 

Distribuir contido